Páxinas

sábado, 31 de octubre de 2009

Galicia contará con máis de 4.000 prazas en centros para persoas con discapacidade en 2010


31 de outubro de 2009. Galicia contará cun total de 4.171 prazas para galegos e galegas con discapacidade en 2010. Así o confirmou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no acto de celebración do trixésimo aniversario da Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Fademga) celebrado en Santiago.

A titular do departamento autonómico sinalou que a Xunta aprobou un incremento de 7 millóns de euros para a atención á discapacidade en Galicia entre este ano e 2010, é dicir, un 20,6% de aumento respecto a este ano. “Isto permitirá pór en marcha en Galicia máis centros de día ocupacionais e residenciais, un 8,6% sobre as prazas existentes”, concretou. En total, serán 336 as novas prazas que se porán en marcha en 2010.

Así mesmo, a conselleira destacou na súa intervención que o Goberno galego porá en marcha o I Plan Integral para Persoas con Discapacidade, unha ferramenta para unir todas as políticas vencelladas á discapacidade.

Este instrumento estará ao servizo da mellora da coordinación entre os organismos e administracións implicados na mellora da calidade de vida deste colectivo, desde os servizos sociais, a saúde, a educación e as melloras familiares.

“Isto é así porque a Xunta defende a aplicación de políticas transversais como mellor forma de abordar calquera problemática”, apuntou.

Ademais, no marco desta acción levarase a cabo tamén un Plan Especial de Emprego para Persoas con Discapacidade ou en risco de exclusión, que formará parte do Plan Autonómico de Emprego 2010-2013. “A Consellería de Traballo e Benestar está ao lado das persoas con discapacidade intelectual de Galicia e imos a impulsar as políticas de inserción social e laboral destas persoas”, indicou.

Por último, Beatriz Mato afirmou que, pese a situación económica o orzamento do departamento autonómico aumentará nun 4%. “Isto significa que a Xunta non vai deixar de lado aos máis débiles , por iso sete de cada dez euros vanse destinar a gasto social”, rematou.

Convocatoria de axudas para a elaboración de materiais didácticos

MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Axudas

• Resolución de 20 de outubro de 2009, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para a elaboración de materiais didácticos que desenrolen a comprensión lectora en diferentes áreas e materias do currículo, así como para a realización de estudos sobre ensinanza e avaliación da comprensión lectora e sobre bibliotecas escolares.

Ver PDF

Obxecto: axudas económicas para a elaboración de materiais didácticos, estudos ou informes que teñan por finalidade o desenrolo, a avaliación e a mellora da comprensión lectora e que contribúan ao impulso das funcións e da mellora das bibliotecas escolares como centro de recursos para a aprendizaxe.

Beneficiarios:

Poderán acceder a estas axudas o profesorado das diferentes etapas educativas así como entidades sen ánimo de lucro:
  • As axudas para o profesorado poderán ser solicitadas de forma individual ou como grupo de traballo.
  • En canto ás entidades sen fins de lucro, deben cumprir os seguintes requisitos:
  1. Estar legalmente constituídas e debidamente inscritas no correspondente Rexistro administrativo á data de publicación desta Resolución.
  2. Estar especializada e acreditar experiencia na realización das actividades obxecto da concesión da subvención.

Finalidade das axudas económicas:

  • Materiais para o desenrolo das destrezas de comprensión lectora ligadas á aprendizaxe de contidos das diferentes áreas ou materias do currículo, en calquera etapa educativa, ou materiais didácticos que conteñan propostas para utilizar a biblioteca escolar no desenrolo ordinario das diferentes áreas ou materias do currículo. Os materiais elaborados poderán combinar a utilización de textos continuos (descricións, explicacións, exposicións, argumentacións…), descontinuos (gráficos, táboas, mapas…) e hipertexto, que normalmente aparecerán relacionados.
  • Estudos que axuden a un proceso de diagnóstico e avaliación da comprensión lectora e do uso das bibliotecas escolares como centros de recursos, así como estudos que afonden na ensinanza da comprensión lectora ou na súa avaliación. O ámbito xeográfico do estudo deberá ser de varias comunidades autónomas.
Contía: o importe da axuda económica para cada proxecto deberá axustarse en función da complexidade e do volume dos proxectos presentados e oscilará entre 5.000 e 15.000 euros para a primeira modalidade e entre 20.000 e 60.000 euros para a segunda.

Prazo de presentación: o prazo de presentación das solicitudes será dende o día seguinte da publicación da presente Resolución ate o día 23 de novembro de 2009, inclusive.

Ir ó BOE

axudas para participar na actividade de Recuperación e Utilización Educativa de Pobos Abandonados durante o período lectivo de 2010

Ministerio de Educación

Axudas

Resolución do 23 de outubro de 2009, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para participar na actividade de Recuperación e Utilización Educativa de Pobos Abandonados durante o período lectivo de 2010.

Ver en PDF


Axudas para participar na actividade de "Centros de Educación Ambiental" durante o anño 2010

Ministerio de Educación

Axudas

Resolución do 22 de outubro de 2009, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para participar na actividade de "Centros de Educación Ambiental" durante o ano 2010.

Ver en PDF


viernes, 30 de octubre de 2009

Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas e de Indicacións Xeográficas Protexidas [Grelos de Galicia]

REGULAMENTOS DA COMISIÓN DA UNIÓN EUROPEA

Regulamento (CE) no 1029/2009 da Comisión, do 29 de outubro de 2009, polo que se inscribe unha denominación no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas e de Indicacións Xeográficas Protexidas [Grelos de Galicia (IGP)]




Modificación dos Regulamentos da UE no que respecta a Clasificación Internacional Uniforme de Ocupacións

REGULAMENTOS DA COMISIÓN DA UNIÓN EUROPEA

Regulamento (CE) no 1022/2009 da Comisión, do 29 de outubro de 2009, polo que se modifican os Regulamentos (CE) no 1738/2005, (CE) no 698/2006 e (CE) no 377/2008 no que respecta á Clasificación Internacional Uniforme de Ocupacións (CIUO) (1)


Subvencións e axudas a proxectos de enerxías renovables correspondentes ao exercicio 2009

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Resolución do 21 de outubro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de enerxías renovables correspondentes ao exercicio 2009 e ao abeiro do convenio subscrito entre o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) o día 18 de maio de 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 21300D009P020.PDF

Subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Resolución do 21 de outubro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009 e ao abeiro do convenio subscrito entre o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e o Instituto Enexético de Galicia (Inega) o día 3 de xullo de 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 21300D010P044.PDF


Modificación das bases para a concesión de subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 29 de outubro de 2009 de modificación do artigo 14.1º do anexo I da Orde do 31 de decembro de 2008 da Consellería de Innovación e Industria (Diario Oficial de Galicia do 17 de febreiro de 2009), pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (Código de procedemento IN214A).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 21300D002P006.PDF

Concesión de subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico


CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Orde do 26 de outubro de 2009 pola que se modifica a Orde do 3 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico. Procedemento CT982D.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 21300D007P015.PDF


Publicación das subvencións concedidas polo Instituto da Xuventude correspondentes ao ano 2009

Ministerio de Igualdade

Subvencións

Resolución do 14 de outubro de 2009, do Instituto da Xuventude, pola que se publican as subvencións concedidas correspondentes ao ano 2009, convocadas por Resolución do 20 de abril de 2009.

Ver PDF

Convocatoria de axudas para a matrícula nun master oficial por parte de titulados universitarios en situación legal de desemprego

Ministerio de Educación

Axudas

Orde EDU/2901/2009, do 28 de outubro, pola que se modifica a Orde EDU/2278/2009, do 13 de agosto, pola que se convocan axudas para a matrícula nun master oficial por parte de titulados universitarios en situación legal de desemprego.

Ver PDF

Publicación das axudas para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade de sectores estratéxicos

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Axudas

Resolución de 19 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se publican as axudas concedidas durante a anualidade 2009, para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade de sectores estratéxicos industriais para o período 2009-2010.

Ver PDF

Publicación das subvencións concedidas con cargo aos fondos comunitarios europeos do FEAGA-FEADER


Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño

Subvencións

Resolución do 9 de outubro de 2009, do Fondo Español de Garantía Agraria, pola que se publican as subvencións concedidas con cargo aos fondos comunitarios europeos do FEAGA-FEADER.

Ver PDF

jueves, 29 de octubre de 2009

Modificación do programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Invest

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 21 de outubro de 2009 pola que se fai pública a modificación do programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), feito público mediante Resolución do 16 de marzo de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 58, do 25 de marzo).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21200D017P034.PDF

Corrección de erros - Convocatoria para o ano 2009 das axudas para a adquisición dos novos equipamentos

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Corrección de erros.-Orde do 13 de outubro de 2009 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas ao abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e as entidades colaboradoras para a renovación de equipamentos individuais de gas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á convocatoria para o ano 2009 das axudas para a adquisición dos novos equipamentos.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21200D008P012.PDF

Publicación de axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xaneiro de 2009 destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Resolución do 6 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xaneiro de 2009 destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos ás estacións de transferencia de residuos ou plantas de xestión.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21200D007P010.PDF

Axudas destinadas a proxectos de mellora da xestión ambiental dos subprodutos das explotacións gandeiras non porcinas en Galicia para o ano 2009


CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Orde do 26 de outubro de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación da xustificación previsto pola Orde do 2 de xaneiro de 2009 pola que se convoca e se regula, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de axudas destinadas a proxectos de mellora da xestión ambiental dos subprodutos das explotacións gandeiras non porcinas en Galicia para o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21200D006P010.PDF


Subvencións a empresas que realicen investimentos encamiñados á prevención e redución da contaminación a través de melloras tecnolóxicas

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 26 de outubro de 2009 pola que se amplían os prazos de execución e presentación da xustificación previstos pola Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para o ano 2009 do réxime de concesión de subvencións a empresas que realicen investimentos encamiñados á prevención e redución da contaminación a través de melloras tecnolóxicas aplicadas a procesos, cambios nas materias primas e/ou produtos, así como á reutilización ou valorización non enerxética.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21200D005P009.PDF


miércoles, 28 de octubre de 2009

Boletín para Pemes e Autónomos, número 16

Boletín informativo para pemes e autónomos, número dezaseis

Aboamento de cotas á Seguridade Social a traballadores e traballadoras que percibisen a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único


CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 2 de outubro de 2009 pola que se establece o procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social a traballadores e traballadoras que percibisen a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único e se procede á convocatoria das correspondentes axudas.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21100D002P008.PDF

Subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Orde do 16 de outubro de 2009 pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009
.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21100D004P016.PDF

Publicación das persoas beneficiarias das axudas concedidas para a conservación e a restauración de bens do patrimonio etnográfico de Galicia

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Resolución do 24 de agosto de 2009 pola que se lles dá publicidade ás persoas beneficiarias das axudas concedidas para a conservación e a restauración de bens do patrimonio etnográfico de Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21100D005P016.PDF

Subvencións destinadas a entidades locais de Galicia para a realización de actividades dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 28 de setembro de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación de xustificación establecido na Orde do 11 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases que rexen as subvencións destinadas a entidades locais de Galicia para a realización de actividades dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2009, e se procede á súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21100D006P017.PDF

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 13 de outubro de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas dentro do Programa de apoio ás traballadoras e traballadores afectados por expedientes de suspensión de contratos do sector téxtil e da confección, e se efectúa a súa convocatoria para o exercicio 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21100D007P017.PDF

Subvencións para o financiamento de plans de formación sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 26 de outubro de 2009 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21100D008P030.PDF

Axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Resolución do 29 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se lles dá publicidade ás persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2009 axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21100D009P059.PDF

Concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2009


CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Resolución do 5 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21100D010P060.PDF

Axudas individualizadas de transporte escolar para o curso académico 2009/2010

Ministerio de Educación

Axudas

Resolución do 22 de outubro de 2009, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se regula a concesión das axudas individualizadas de transporte escolar para o curso académico 2009/2010.

Descargar PDF


Axudas para realizar estudos de Máster, dentro do Programa de Posgrao do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e a Universidad Internacional

Ministerio de Ciencia e Innovación

Axudas

Resolución do 10 de agosto de 2009, da Presidencia da Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas, pola que se conceden axudas para realizar estudos de Máster, dentro do Programa de Posgrao do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e a Universidad Internacional Menéndez Pelayo.

Descargar PDF

Axudas da Acción Estratéxica en Saúde, no marco do Plan Nacional de I+D+I 2008-2011

Ministerio de Ciencia e Innovación

Axudas

Corrección de erros da Resolución do 28 de setembro de 2009, do Instituto de Salud Carlos III, de declaración de créditos disponibles da convocatoria de Axudas da Acción Estratéxica en Saúde, no marco do Plan Nacional de I+D+I 2008-2011; Liña de Proxectos de Investigación; Subprograma de Proxectos de Investigación en Saúde.

Descargar PDF

Convocatoria de subvencións para a formación de posgraduados no campo de Tecnoloxía e Desenvolvemento Empresarial

Ministerio de Ciencia e Innovación

Subvencións

Orde CIN/2873/2009, do 20 de outubro, pola que se convocan as subvencións para a formación de posgraduados no campo das actividades que son competencia da Dirección Xeral de Transferencia de Tecnoloxía e Desenvolvemento Empresarial para o ano 2009-2010.

Descargar PDF


martes, 27 de octubre de 2009

Ampliación de crédito dispoñible para a plurianualidade do ano 2010 para axudas a proxectos de investimento para a innovación ou mellora tecnolóxica


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 15 de outubro de 2009 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para a plurianualidade do ano 2010 para axudas a proxectos de investimento para a innovación ou mellora tecnolóxica das pemes (procedemento IG103).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 21000D003P009.PDF

Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local


Xefatura do Estado

Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local

Real Decreto-lei 13/2009, do 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

Descargar PDF

Obxectivos: crear emprego, dinamizar economía e mellorar condicións de vida dos cidadáns. Amais, este novo fondo incorpora como obxectivo do mesmo que as inversións, proxectos e actuacións financiadas contribúan á sostenibilidade económica, social e ambiental polo que se denomina Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

Proxectos de inversión e actuacións a financiar: sostenibilidade económica (parques empresariais, tecnoloxía...), sostenibilidade ambiental (aforro e eficiencia enerxética...) e sostenibilidade social (centros de servizos sociais, culturais, deportivos, gastos correntes...).

Amais, poderán financiarse os contratos de subministro que teñan por obxecto a adquisición de equipos e sistemas de telecomunicacións ou para o tratamento da información, os seus dispositivos e programas; e os contratos de servizos que teñan por obxecto a implantación e desenrolo de sistemas e programas informáticos dirixidos

Ensimesmo poderán financiarse gastos correntes vencellados a programas de actuación no ámbito educativo e outros de carácter social de competencia municipal, e ate un montante equivalente ao 20 por cento dos fondos que correspondan a cada Concello.

Os Concellos cuxa poboación no supere os 2.000 habitantes, poderán, ademais, realizar con cargo ao presente Fondo contratos que teñan por obxecto obras de mellora das redes viarias e de adecuación, rehabilitación o rexeneración de entornos e espazos públicos urbanos.

Requisitos das obras: Nova planificación e execución inmediata, non obras financiadas por outros programas, excepto que sexan continuación (segunda fase) do FEIL 2009. Os contratos menores de 5 millóns e non se poden fragmentar.

Criterios de reparto: distribuirase de xeito proporcional as cifras de poboación resultantes do Padrón municipal a 1 de xaneiro de 2008.

Previsión de creación de emprego: 12.000 empregos para toda Galicia.

Distribución de fondos: comezará a partir do 1 de xaneiro de 2010, sendo o anticipo do 85% e o resto ao remate da obra.

Prazo de presentación de solicitudes de financiamento: será de tres meses, contados a partir do día 28 de outubro de 2009 e ate o 27 de xaneiro de 2010.


Relación de investimento por concellos na provincia de Ourense:



Axudas para participar no programa de cooperación territorial "Rutas Literarias" durante o curso 2009-2010

Ministerio de Educación

Axudas

Resolución do 16 de outubro de 2009, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para participar no programa de cooperación territorial "Rutas Literarias" durante o curso 2009-2010.

Descargar PDF


Axudas para actuacións de reindustrialización en zonas afectadas por procesos de deslocalización

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Resolución de 22 de ouctubro de 2009, da Secretaría General de Industria, pola que se convocan axudas para actuacións de reindustrialización en zonas afectadas por procesos de deslocalización dos sectores textil e da confección, calzado, xoguete, moble, curtido, marroquinería, artes gráficas e papel no ano 2010.

Descargar PDF


Obxecto: convocatoria de axudas dirixidas a actuacións de reindustrialización en zonas afectadas por procesos de deslocalización dos sectores textil e da confección, calzado, xoguete, moble, curtido, marroquinería, artes gráficas e papel, correspondentes ao ano 2010.

Ámbito xeográfico de aplicación: Poderán beneficiarse das axudas previstas nesta convocatoria os proxectos ou actuacións de reindustrialización que se leven a cabo naquelas zonas deprimidas que cumpran os requisitos establecidos no apartado terceiro da Orde ITC/3098/2006, de 2 de outubro, que son:

a) Zonas xeográficas nas que existindo un tecido industrial composto de forma relevante por sectores sometidos a procesos de cambio ou adaptación, se produzan neles efectos de perdas significativas de capacidade produtiva e de emprego por operacións de axuste ou reestruturación nas empresas produtivas do sector industrial, ou por procesos de deslocalización que condicionen significativamente o tecido industrial da súa zona de influencia. A súa delimitación circunscribirase ao entorno das localidades onde sexan máis acusados os efectos citados. Inclúense ensimesmo as zonas con baixa densidade de poboación, establecidas polas Directrices comunitarias 2006/C 54/08), no seu punto 30.(b).

b) Zonas xeográficas susceptibles de axuda rexional, entre as que se atopa delimitada a Comunidade autónoma de Galicia polo REAL DECRETO 161/2008, de 8 de febrero, segundo o mapa de axudas de finalidade rexional para o período 2007-2013.

Beneficiarios: as persoas físicas ou xurídicas que cumpran as condicións subxectivas que establece a Lei 38/2003, Xeral de Subvenciones, e especificamente o determinado no apartado quinto da Orde ITC/3098/2006, de 2 de outubro, para cada tipo de actuación respectivamente, que son:

a) Para a área de infraestrutura: entidades públicas, incluíndo as empresas públicas dependentes de ditas Entidades, institucións sin ánimo de lucro e asociacións de empresas que teñan por finalidade proporcionar servicios de uso común ou compartido ao sector empresarial de carácter técnico conexos á actividade industrial, sempre que non se adiquen a actividades industriais, comerciais e de servizos distintas das correspondentes a esta área de infraestrutura, e que ditos servizos os presten a prezos de mercado.

b) Para a Área de industria: empresas é asociacións de empresas públicas e privadas que desenrolen unha actividade produtiva de carácter industrial.

Teito máximo das axudas: os incentivos rexionais que poderán concederse en dita zona non poderán exceder a porcentaxe máxima do 30 por cento sobre a inversión aprobada.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes e da documentación que deba acompañalas finalizará o día 3 de decembro de 2009.

Convocatoria xeral de axudas para actuacións de reindustrialización no ano 2010

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Resolución do 22 de outubro de 2009, da Secretaría General de Industria, pola que se efectúa a convocatoria xeral de axudas para actuacións de reindustrialización no ano 2010.

Descargar PDF

Obxecto: convocatoria de axudas dirixidas a actuacións de reindustrialización correspondentes ao ano 2010

Ámbito xeográfico de aplicación, beneficiarios, límite das axudas, e prazo de presentación de solicitudes coinciden cos da nova anterior.


Aprobación do Regulamento da Denominación de Orixe "Rías Baixas" e do seu Consello Regulador

Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño

Denominacións de orixe

Resolución do 14 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Industria e Mercados Alimentarios, pola que se publica a Orde de 21 de xullo de 2009, pola que se aproba o Regulamento da Denominación de Orixe "Rías Baixas" e do seu Consello Regulador.

Descargar PDF


Aprobación do Regulamento da Denominación de Orixe "Ribeiro" e do seu Consello Regulador


Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño


Denominacións de orixe

Resolución do 14 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Industria e Mercados Alimentarios, pola que se publica a Orde do 30 de xullo de 2009, pola que se aproba o Regulamento da Denominación de Orixe "Ribeiro" e do seu Consello Regulador.

Descargar PDF

Modificación do Regulamento da Denominación de Orixe "Ribeira Sacra" e do seu Consello Regulador


Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño

Denominacións de orixe

Resolución do 15 de septembro de 2009, da Dirección Xeral de Industria e Mercados Alimentarios, pola que se publica a Orde do 30 de xullo de 2009, pola que se modifica o Regulamento da Denominación de Orixe "Ribeira Sacra" e do seu Consello Regulador.

Descargar PDF

Modificación do Regulamento da Denominación de Orixe "Valdeorras" e do seu Consello Regulador

Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño

Denominacións de orixe

Resolución do 15 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Industria e Mercados Alimentarios, pola que se publica a Orde de 30 de xullo de 2009, pola que se modifica o Regulamento da Denominación de Orixe "Valdeorras" e do seu Consello Regulador.

Descargar PDF

lunes, 26 de octubre de 2009

Subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Resolución do 19 de outubro de 2009 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, e se procede á súa convocatoria (IN515B) (Diario Oficial de Galicia número 122, do 24 de xuño).


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20900D005P010.PDF



Publicación das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Resolución do 23 de setembro de 2009 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (IN519B) (Diario Oficial de Galicia número 41, do 27 de febreiro).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20900D004P009.PDF


Axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos galego

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 15 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede á publicación de subvencións concedidas en virtude da Orde do 26 de decembro de 2008, pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20900D002P007.PDF


Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Corrección de erros.-Resolución do 21 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, para actividades formativas e de sensibilización e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20900D001P007.PDF

Becas para a formación de titulados superiores no Instituto Geográfico Nacional

Ministerio de Fomento

Becas

Orde FOM/2842/2009, do 29 de setembro, pola que se publica a convocatoria de becas para a formación de titulados superiores no Instituto Geográfico Nacional.

Descarga PDF

Convocatoria de becas de formación de posgraduados relacionadas coas actividades da Axencia para 2010

Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño

Becas

Resolución do 6 de outubro de 2009, da Presidencia da Agencia Estatal de Meteorología, pola que se convocan becas de formación de posgraduados relacionadas coas actividades da Axencia para 2010.

Descargar PDF

Convocatoria de axudas á investigación en Ciencia Política e Socioloxía para o ano 2010

Ministerio de Presidencia

Axudas


Resolución do 16 de outubro de 2009, do Centro de Investigacións Sociolóxicas, pola que se convocan axudas á investigación en Ciencia Política e Socioloxía para o ano 2010.

Descargar PDF


Concesión de axudas ao desenvolvemento de guións para películas de largometraxe na convocatoria do ano 2009

Ministerio de Cultura

Axudas

Resolución do 13 de outubro de 2009, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se fai pública a concesión de axudas ao desenvolvemento de guións para películas de largometraxe na convocatoria do ano 2009.

Descargar PDF


Concesión de axudas a proxectos de cortometraxes na 2ª fase da convocatoria do ano 2009


Ministerio de Cultura

Axudas

Resolución do 14 de outubro de 2009, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se fai pública a concesión de axudas a proxectos de cortometraxes na 2ª fase da convocatoria do ano 2009.

Descargar PDF

Traballo contratará a 1.180 desempregados e a 200 profesores a través dos programas mixtos de formación-emprego


Preto de 800 galegos e galegas en situación de desemprego poderían acadar a súa inserción no mercado laboral grazas aos programas mixtos de formación (escolas obradoiro, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento) que porá en marcha antes de fin de ano a Consellería de Traballo e Benestar.

O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, presentou hoxe as liñas xerais deste plan despois de que os proxectos foron aprobados na segunda comisión de valoración celebrada este mes de outubro. Así, en total presentáronse en toda Galicia 113 proxectos, dos que 71 recibiron ditame favorable e 45 foron seleccionados de acordo cos criterios de valoración e as dispoñibilidades orzamentarias. Desta maneira, a Xunta de Galicia investirá na posta en marcha destas preto de 50 iniciativas de emprego máis de 26 millóns de euros entre este ano e o próximo.

A Xunta contratará a 1.180 persoas a través destas accións que ten dous obxectivos básicos, a formación e capacitación laboral. Desta cifra, Traballo e Benestar prevé que polo menos 814 dos participantes acaden a meta final destes programas, a súa inserción no mercado laboral, tendo en conta os resultados de ocupación laboral que recolle o Servizo Público de Emprego Estatal para estas accións concretas: o 83 por cento no caso das escolas obradoiro e o 70 por cento no dos obradoiros de emprego.

Hermida destacou que a finalidade destas accións de fomento do emprego é “lograr unha man de obra máis competitiva e acceder con mellores condicións ao mercado laboral”.

O director xeral de Promoción do Emprego detallou o número de participantes en cada acción formativa. En concreto, desenvolveranse dúas escolas obradoiros, 40 obradoiros de emprego e tres unidades de promoción.

Así, as dúas escolas obradoiro que se levarán a cabo na provincia de Pontevedra (en Vigo e Barro) contarán coa participación de 62 persoas. Esta modalidade está dirixida a persoas desempregadas menores de 25 anos. A iniciativa ten unha duración de 18 meses e nela os participantes alternan a aprendizaxe -6 meses- cun contrato para a formación coa contratación en actividades relacionadas coa recuperación ou promoción do patrimonio. Os integrantes nestas accións perciben un salario de 468 euros ao mes nos doce meses de contrato. Así, o custe destas dúas escolas obradoiro será de 1,27 millóns de euros en 2009 e 2010.

Con respecto aos obradoiros de emprego, o Goberno galego porá en marcha un total de 40 nos que tomarán parte 1.091 persoas. Este programa, en concreto, está destinado a persoas maiores de 25 anos. Tamén combinan a formación co emprego e ten unha duración de 12 meses. Os traballadores e traballadoras desta modalidade reciben un salario de 936 euros ao mes, polo que o departamento autonómico destinará unha partida que ascende a 23,1 millóns de euros nos dous exercicios.

Por último, Traballo e Benestar desenvolverá tres unidades de promoción e desenvolvemento nas que formarán parte 27 persoas. Estas accións, de carácter supramunicipal, colaboran na preparación, acompañamento e avaliación dos proxectos das escolas obradoiros, casas de oficios e obradoiros de emprego. En concreto, encárganse de analizar o territorio para elaborar plans integrais de intervención de cada unha das modalidades. A duración é de 24 meses e o custe de 1,9 millóns de euros.

Tanto os obradoiros de emprego como as escola obradoiro ofrecen aos seus alumnos orientación e asesoramento laboral, educación compensatorio nos casos de non finalización da ESO, módulos de seguridade e saúde no traballo, de sensibilización medioambiental e de igualdade de xénero.

A maior parte das accións están dirixidas á recuperación do patrimonio dos concellos e como novidade este ano se porán en marcha labores sociosanitarias, orientación pedagóxica e axuda a domicilio, entre outras actividades.

Os interesados en optar a estes programas da Consellería de Traballo e Benestar teñen que estar inscritos, ou poden aínda anotarse, nas súas respectivas Oficinas de Emprego, especificamente como demandantes destas iniciativas.

Por provincias

Hermida concretou, por último, as diferentes accións formativas por provincias. Así, na Coruña impartiranse 17 iniciativas (10,4 millóns de euros) nas que participarán 450 persoas. En Lugo tomarán parte 239 cidadáns en 9 accións formativas que terán un custe para as arcas autonómicas de 5 millóns de euros. En Ourense, a Consellería de Traballo e Benestar desenvolverá 10 programas para 261 galegos e galegas. As accións custarán 5,5 millóns de euros. Por último, a provincia de Pontevedra disporá de 5,3 millóns de euros para realizar 9 iniciativas enfocadas para 230 traballadores e traballadoras.


Publicidade