Páxinas

martes, 27 de octubre de 2009

Axudas para actuacións de reindustrialización en zonas afectadas por procesos de deslocalización

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Resolución de 22 de ouctubro de 2009, da Secretaría General de Industria, pola que se convocan axudas para actuacións de reindustrialización en zonas afectadas por procesos de deslocalización dos sectores textil e da confección, calzado, xoguete, moble, curtido, marroquinería, artes gráficas e papel no ano 2010.

Descargar PDF


Obxecto: convocatoria de axudas dirixidas a actuacións de reindustrialización en zonas afectadas por procesos de deslocalización dos sectores textil e da confección, calzado, xoguete, moble, curtido, marroquinería, artes gráficas e papel, correspondentes ao ano 2010.

Ámbito xeográfico de aplicación: Poderán beneficiarse das axudas previstas nesta convocatoria os proxectos ou actuacións de reindustrialización que se leven a cabo naquelas zonas deprimidas que cumpran os requisitos establecidos no apartado terceiro da Orde ITC/3098/2006, de 2 de outubro, que son:

a) Zonas xeográficas nas que existindo un tecido industrial composto de forma relevante por sectores sometidos a procesos de cambio ou adaptación, se produzan neles efectos de perdas significativas de capacidade produtiva e de emprego por operacións de axuste ou reestruturación nas empresas produtivas do sector industrial, ou por procesos de deslocalización que condicionen significativamente o tecido industrial da súa zona de influencia. A súa delimitación circunscribirase ao entorno das localidades onde sexan máis acusados os efectos citados. Inclúense ensimesmo as zonas con baixa densidade de poboación, establecidas polas Directrices comunitarias 2006/C 54/08), no seu punto 30.(b).

b) Zonas xeográficas susceptibles de axuda rexional, entre as que se atopa delimitada a Comunidade autónoma de Galicia polo REAL DECRETO 161/2008, de 8 de febrero, segundo o mapa de axudas de finalidade rexional para o período 2007-2013.

Beneficiarios: as persoas físicas ou xurídicas que cumpran as condicións subxectivas que establece a Lei 38/2003, Xeral de Subvenciones, e especificamente o determinado no apartado quinto da Orde ITC/3098/2006, de 2 de outubro, para cada tipo de actuación respectivamente, que son:

a) Para a área de infraestrutura: entidades públicas, incluíndo as empresas públicas dependentes de ditas Entidades, institucións sin ánimo de lucro e asociacións de empresas que teñan por finalidade proporcionar servicios de uso común ou compartido ao sector empresarial de carácter técnico conexos á actividade industrial, sempre que non se adiquen a actividades industriais, comerciais e de servizos distintas das correspondentes a esta área de infraestrutura, e que ditos servizos os presten a prezos de mercado.

b) Para a Área de industria: empresas é asociacións de empresas públicas e privadas que desenrolen unha actividade produtiva de carácter industrial.

Teito máximo das axudas: os incentivos rexionais que poderán concederse en dita zona non poderán exceder a porcentaxe máxima do 30 por cento sobre a inversión aprobada.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes e da documentación que deba acompañalas finalizará o día 3 de decembro de 2009.

Publicidade