Axudas
• Resolución de 20 de outubro de 2009, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para a elaboración de materiais didácticos que desenrolen a comprensión lectora en diferentes áreas e materias do currículo, así como para a realización de estudos sobre ensinanza e avaliación da comprensión lectora e sobre bibliotecas escolares.
Ver PDF
Obxecto: axudas económicas para a elaboración de materiais didácticos, estudos ou informes que teñan por finalidade o desenrolo, a avaliación e a mellora da comprensión lectora e que contribúan ao impulso das funcións e da mellora das bibliotecas escolares como centro de recursos para a aprendizaxe.
Beneficiarios:
Poderán acceder a estas axudas o profesorado das diferentes etapas educativas así como entidades sen ánimo de lucro:
- As axudas para o profesorado poderán ser solicitadas de forma individual ou como grupo de traballo.
- En canto ás entidades sen fins de lucro, deben cumprir os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas e debidamente inscritas no correspondente Rexistro administrativo á data de publicación desta Resolución.
- Estar especializada e acreditar experiencia na realización das actividades obxecto da concesión da subvención.
Finalidade das axudas económicas:Contía: o importe da axuda económica para cada proxecto deberá axustarse en función da complexidade e do volume dos proxectos presentados e oscilará entre 5.000 e 15.000 euros para a primeira modalidade e entre 20.000 e 60.000 euros para a segunda.
- Materiais para o desenrolo das destrezas de comprensión lectora ligadas á aprendizaxe de contidos das diferentes áreas ou materias do currículo, en calquera etapa educativa, ou materiais didácticos que conteñan propostas para utilizar a biblioteca escolar no desenrolo ordinario das diferentes áreas ou materias do currículo. Os materiais elaborados poderán combinar a utilización de textos continuos (descricións, explicacións, exposicións, argumentacións…), descontinuos (gráficos, táboas, mapas…) e hipertexto, que normalmente aparecerán relacionados.
- Estudos que axuden a un proceso de diagnóstico e avaliación da comprensión lectora e do uso das bibliotecas escolares como centros de recursos, así como estudos que afonden na ensinanza da comprensión lectora ou na súa avaliación. O ámbito xeográfico do estudo deberá ser de varias comunidades autónomas.
Prazo de presentación: o prazo de presentación das solicitudes será dende o día seguinte da publicación da presente Resolución ate o día 23 de novembro de 2009, inclusive.
