Páxinas

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 28 de agosto de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17200D008P037.PDF

Entre as modificacións introducidas pola presente resolución cumpre ter en conta a que fai referencia ós tipos de xuro, que quedan como segue:

a) Tipo de referencia: será euribor a prazo de 6 meses. As revisións faranse por períodos semestrais.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder os seguintes puntos:
  • 1,50 puntos cando a operación estea avalada ao 100% por unha SGR.
  • 1,75 puntos cando a operación estea avalada por un importe inferior ao 100% e superior ao 50%.
  • 2 puntos cando a operación estea avalada por importe inferior ou igual ao 50%.
c) Tipo de xuro nominal anual: será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes.

Publicidade