Páxinas

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Axudas para o apoio ás cooperativas e outras entidades de economía social de carácter non lucrativo para o ano 2009

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 14 de agosto de 2009 pola que se convocan axudas para o apoio ás cooperativas e outras entidades de economía social de carácter non lucrativo para o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17200D006P027.PDF

Obxecto: apoiar a creación e funcionamento de cooperativas de carácter non lucrativo, mediante a concesión de axudas económicas que contribúan á realización de actividades de carácter social e dinamizadoras das potencialidades de desenvolvemento cooperativo, durante o ano 2009.

Beneficiarias: as sociedades cooperativas de carácter non lucrativo e, excepcionalmente e unicamente no caso previsto na disposición adicional segunda, poderán resultar beneficiarias outras entidades de economía social sen ánimo de lucro, agás as asociacións de cooperativas e as centrais sindicais.

Contía das axudas:

1.Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados con motivo de:

a) Organización e prestación de servizos sociais, ata un máximo de 20.000 euros.

b) Creación e mantemento de gabinetes especializados no apoio á creación de cooperativas e impulso de proxectos, ata un máximo de 20.000 euros.

c) Constitución de grupos promotores de iniciativas cooperativas, ata un máximo de 100 euros por persoa incorporada, que poderán incrementarse ata 200 euros máis por cada un deles que adquira a condición de socio/a traballador/a ou de traballo. A contía máxima non excederá de 20.000 euros.

d) Elaboración de materiais divulgativos como soporte e ferramenta das actuacións de difusión e materiais didácticos de apoio a programas formativos e de capacitación. A contía máxima será de 20.000 euros.

2.A contía das subvencións non poderá superar o 80% dos gastos necesarios

Prazo de presentación: a partir do 3 de setembro ata o 29 de outubro de 2009

Publicidade