Resolución do 26 de agosto de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Ven a Galicia, ben en Galicia para residentes no exterior durante o ano 2009.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17200D001P005.PDF
Obxecto: establecer as bases e realizar a convocatoria polas que se rexerán as axudas correspondentes ao programa Ven a Galicia, ben en Galicia.
Este programa está orientado a ofrecerlles un tempo de esparexemento aos emigrantes galegos residentes en Europa e aos naturais de Galicia asentados noutras comunidades autónomas de España, para desfrutaren e coñeceren a realidade actual do noso país, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como aos nosos costumes tradicionais.
Beneficiarios: os emigrantes galegos residentes en Europa e os naturais de Galicia, así como as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga, que residan noutra comunidade autónoma que cumpran os seguintes requisitos establecidos nesta resolución.
Requisitos:Prazas convocadas: número de prazas convocadas para o ano 2009 é de 76.
- Ter a nacionalidade española.
- Residir noutra comunidade autónoma de España ou noutro país de Europa.
- Ter sesenta ou máis anos de idade contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en anteriores edicións deste programa.
- Ser válido por si mesmo, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
- Non ter recursos económicos suficientes. Para os efectos desta resolución, consideraranse recursos económicos insuficientes cando os ingresos per cápita da unidade económica familiar sexan inferiores a 2,5 veces o importe do salario mínimo interprofesional correspondente ao ano 2009 no país de residencia do solicitante.
Prazo para a presentación de solicitudes: ábrese o 3 de setembro e rematará o 2 de outubro de 2009.
