Páxinas

viernes, 16 de octubre de 2009

Convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a deportistas cualificados ano 2009

DEPUTACION PROVINCIAL DE OURENSE


Bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a deportistas cualificados ano 2009. [4773/2009]

A Xunta de Goberno desta Deputación acordou, na sesión que tivo lugar o día 9 de outubro de 2009, aproba-las seguintes Bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a deportistas cualificados ano 2009.


Obxecto: regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións con cargo ó orzamento do ano 2009 a deportistas ourensáns cualificados, para a mellora da súa formación e rendemento deportivo.

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións obxecto destas bases as persoas físicas, de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Que posuíran ficha federativa por algún club deportivo da provincia de Ourense, exclusivamente en modalidades deportivas individuais e non para deportes de equipo, durante a tempada 2008-2009.

b) Aqueles deportistas vinculados ó deporte ourensán que, non existindo club ningún da súa federación na provincia de Ourense, puideran presentar licenza federativa do club ó que pertenzan.

c) Aqueles deportistas vinculados ó deporte ourensán, que non posuíndo licenza federativa por club ourensán, a comisión de valoración prevista na base oitava considere que pola súa especial xuventude e progresión deportiva sexan merecedores dalgunha axuda.

É imprescindible que os deportistas solicitantes de subvención continúen vinculados ó deporte ourensán no momento de solicita-la axuda.

Contía máxima das subvencións: As subvencións terán unha contía máxima de 3.000,00 euros e poderán concederse subvencións de diferente contía, en función dos méritos e categoría dos deportistas solicitantes.

Prazo: poderán presentarse as solicitudes dende o 19 de outubro ata o 18 de novembro.

Publicidade