DEPUTACION PROVINCIAL DE OURENSE
Bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións ao persoal técnico deportivo para o ano 2009. [4774/2009]
Obxecto: regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións con cargo ó orzamento do ano 2009 a técnicos deportivos para a asistencia a xornadas de estudo, congresos e simposios ou a calquera curso ou actividade formativa relacionados coas ciencias da educación física e o deporte, así como para a realización de proxectos de investigación nesta materia.
Beneficiarios: os técnicos deportivos (titulados en Educación Física, médicos especializados en materias vinculadas coa educación física e o deporte e técnicos deportivos en xeral), que realizaran ou vaian realiza-lo seu labor deportivo na provincia de Ourense
Contía máxima das subvencións: As subvencións terán unha contía máxima de 1.500,00 euros por cada beneficiario.
Prazo: poderán presentarse as solicitudes dende o 19 de outubro ata o 18 de novembro.