Resolución do 25 de setembro de 2009 pola que se publican as bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:19100D008P054.PDF
Obxectivo: regular o contido e procedemento de tramitación da liña de financiamento subsidiado e avalado para facilitar o acceso ao financiamento para circulante de autónomos e microempresas, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, impostos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing.
Beneficiarios: empresas con domicilio fiscal en Galicia, que teñan a consideración de microempresas, e que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas segundo os termos recollidos no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, pola que se aproba o Estatuto do traballo autónomo.
Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.
Contía e prazos:
a) O seu importe mínimo será de 3.000 € e o máximo de 40.000 €.
b) O seu prazo de vixencia será de tres anos.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o día 30 de setembro de 2009 ata o 30 de decembro de 2009
