Páxinas

martes, 29 de septiembre de 2009

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Resolución do 25 de setembro de 2009 pola que se fai público o contido do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas polo que se establece unha liña de avais do Instituto Galego de Promoción Económica para facilitar ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19100D009P064.PDF


Obxectivos: establecer determinadas liñas de financiamento garantidas polo IGAPE para facilitar ás empresas galegas o acceso a financiamento adicional a través de pólizas de crédito, liñas de desconto facturas, de efectos comerciais e confirming.

Beneficiarios:
as empresas con domicilio social e fiscal en Galicia, que non se atopen en situación de crise, que desenvolvan algunha das actividades relacionadas no anexo II.b. e que presenten un proxecto obxecto do financiamento avalado que sexa considerado viable e dentro dos límites de risco asumibles polo Igape.

Condicións financeiras das liñas de financiamento:
o IGAPE poderá garantir operacións de financiamento novas, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes.

Condicións da garantía do Igape:
o prazo de vixencia da garantía será como máximo de 30 meses desde a súa formalización, cubrindo o risco vivo financiado ou anticipado durante os 2 anos de vixencia máxima da operación avalada.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o día 30 de setembro de 2009 ata o 30 de decembro de 2009

Publicidade