Páxinas

viernes, 4 de septiembre de 2009

Subvencións no ano 2009, para a realización dun programa específico de formación e inserción laboral a favor das mulleres desempregadas do medio rural

Ministerio de Traballo e Inmigración

Subvencións

Resolución do 18 de xuño de 2009, do Servicio Público de Emprego Estatal, pola que se convocan subvencións no ano 2009, para a realización dun programa específico de formación e inserción laboral a favor das mulleres desempregadas do medio rural, con necesidades formativas especiales e con dificultades para a sús inserción ou recualificación profesional.

PDF (BOE-A-2009-14255 - 12 páxs. - 356 KB)

Obxecto: aprobación dunha convocatoria de subvencións para a realización dun programa dirixido a impulsar a creación e o mantemento do emprego das mulleres do medio rural e xerar competencias que permitan adaptarse aos novos requirimentos do sistema produtivo; así como a execución de proxectos de formación .

Accións subvencionables: as accións formativas e as prácticas profesionais non laborais incluídos nos tipos de proxectos seguintes:

  • Proxectos formativos que teñan como obxectivo fomentar a realización de accións formativas dirixidas á inserción laboral, nas especialidades «Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais» e «Atención socio-sanitaria a persoas dependentes no domicilio», da familia profesional «Servizos Socioculturais e á Comunidade». Financiamento de ata o 40% do importe total.
  • Proxectos formativos que teñan como obxectivo a realización de accións formativas para o fomento e posta en práctica de actividades relacionadas co turismo rural, a xestión medioambiental ou que activen o patrimonio natural e cultural do medio rural. Financiamento de ata o 20% do importe total.
  • Proxectos formativos que teñan como obxectivo o desenrolo de actividades de formación tendentes á creación de empresas, de apoio ó autoemprego e xestión de cooperativas no medio rural. Financiamento de ata o 18% do importe total.
  • Proxectos formativos que teñan como obxectivo a realización de accións formativas para a adaptación das mulleres aos novos requirimentos dos sistemas produtivos en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións. Financiamento de ata o 12% do importe total.
  • Proxectos formativos que teñan como obxectivo a realización de accións formativas para a inserción laboral en novos filóns de emprego, como: agricultura e gandería ecolóxica, comercio artesanal a través de Internet e, educadoras para servizos de proximidade (escolas infantís, ludotecas e granxas escola). Financiamento de ata o 10% do importe total.
Concorrencia: as subvencións previstas nesta convocatoria poderán ser obxecto de cofinanciación polo Fondo Social Europeo.

Ámbito: serán de aplicación nos términos municipais do medio rural, que estean integrados nas zonas rurais delimitadas e cualificadas como tales polas Comunidades Autónomas nos seus respectivos territorios,

Beneficiarias: poderán ser solicitadas por asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus fins a formación e inserción de colectivos de mulleres do ámbito rural, promover a igualdade das mulleres, mellorar a súa situación e facilitar a súa empregabilidade

Prazo de presentación das solicitudes: será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE, isto é dende o sábado 5 de setembro ata o xoves, 24 de setembro.

Publicidade