A UPD INTEGROU promovida pola entidade ASPANAS e subvencionada pola Consellería de Traballo, asistiu á presentación do “II Titorial para a Busca de Emprego”.
Dita presentación levouse a cabo o día 15 de Xullo na sede do Telecentro de Ourense, tendo como temática principal como buscar emprego por internet. Este titorial englóbase no marco da campa ña Comunícate, que a Secretaría Xeral de Medios desenvolve para dar a coñecer a Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia (RTC).
O programa multimedia está formado por doce titoriais interactivos co obxectivo común da facilitar ao usuario o coñecemento e uso das Novas Tecnoloxías no ámbito da comunicación.
Os titoriais, desenvoltos en Flash, están pensados para un público con escasos coñecementos informáticos e tratarán sobre distintos temas relacionados co mundo das novas tecnoloxías no ámbito da comunicación e cos distintos servizos e oportunidades que a rede ofrece na actividade diaria da cidadanía: o acceso á banca electrónica, a administración electrónica, a formación on-line, as redes sociais.
Os contidos tratados na presentación deste segundo tutorial foron de moi diversas temáticas entre as cales podemos destacar as seguintes:
En primeiro lugar o coñecemento da rede de Telecentros de Galicia e a súa oferta a calquera que necesite os seus servizos. Entre os que podemos destacar a facilidade para a busca de emprego, a realización de presentacións, charlas e calquera outro tipo de actividade que precise estes medios informáticos para facer mais doada a súa implementación. Tamén se fixo especial mención ás facilidades que podemos ter calquera de nós a hora de buscar traballo no estranxeiro, por medio da colaboración de axentes de emprego que traballan conxuntamente cos que realizan a súa laboura na nosa comunidade. Este tipo de consulta ou tramitacións pódense levar a cabo mediante a rede EURES
Sobre a Orientación Laboral informouse aos asistentes do Servicio Galego e os recursos que nesa páxina podemos atopar, que versan dende a busca de traballo, como facer un currículo e todo o referente as relacións laborais. Podemos atopar esta información na páxina que aquí se enlaza.
Así mesmo indicouse as novas melloras na páxina da Xunta de Galicia para axilizar tramites que permiten pasar a revista do paro online.
Outra das cuestións tratadas, a petición dos asistentes, foi a posibilidade e as facilidades de retorno para aquelas persoas que tiveron que emigrar fora de Galicia anos atrás.
No marco da busca de emprego a través de internet falouse da importancia de portais especializados en ofertas e a súa forma de xestionar as ofertas de emprego recibidas por parte de empresas que buscan nestas bases de datos ós seus posibles traballadores.
Así mesmo encárganse de xestionar a entrada dos currículos e facer a selección axeitada para o posto que demanda a empresa. Unha das vantaxes de entrar a formar parte destas bases de datos e que che permite que o teu currículo chegue ao maior número de empresas e ofertas posibles.
A busca de emprego é extensible ás bolsas de emprego ofertadas polas comunidades autónomas e mesmo nos propios concellos así como nas propias empresas ou consultoras. Mencionouse como substituto do xeito habitual de busca de emprego o “boca a boca” o emerxente número de redes sociais nas que se entra en contacto con milleiros de persoas que sexan posibles informadores de ofertas de emprego xa que hoxe en día case todo o mundo coñece a súa existencia.
A xeito de resumo ou conclusión podemos dicir que as Novas Tecnoloxías favorecen a incorporación dos demandantes de emprego no mercado de traballo, e que a facilidade para entrar en contacto con oficinas de emprego, empresas, formación, axudas e subvencións aporta unha maior eficacia na nosa busca diaria dun posto de traballo que se axeite as nosas necesidades.
