A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), vai destinar 500.000 euros a incentivar a realización de eventos para difundir a innovación e as ferramentas de competitividade, para organizar encontros entre emprendedores e business angels ou para organizar en Galicia eventos expositivos de carácter internacional. A convocatoria destas axudas, destinadas e organizacións empresariais e organismos intermedios con actividade orientada aos empresarios, ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Igape a proxectos colaborativos, vén de publicarse no DOG (14-07-09); o prazo de presentación de solicitudes, que se resolverán en réxime de concorrencia competitiva, remata o próximo 24 de agosto. As axudas convocadas apoirán, por unha parte, a realización en Galicia de xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos núcleos da innovación orientada á mellora competitiva ou ao aprendizaxe. Do mesmo xeito, o Igape subvencionará a realización en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados, e o desenvolvemento en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional. Todos os eventos ou encontros desenvolvidos ao amparo desta convocatoria deberán realizarse antes do 31 de decembro deste ano.
Axudas para o MAB
Por outra banda, o Igape vén de publicar unha nova convocatoria de axudas destinadas a facilitar o diagnóstico empresarial das empresas galegas cara o seu posible acceso ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB). A presentación das solicitudes de axuda ao abeiro desta convocatoria, dotada cunha partida de 300.000 euros, rematará tamén o próximo 24 de agosto, e a resolución farase igualmente polo sistema de concorrencia competitiva. Ata o momento, no marco de convocatorias precedentes, un total de 16 empresas obtiveron apoio do Instituto para estudar a súa posible incorporación a este mercado bolsista.