Páxinas

jueves, 12 de noviembre de 2009

Lei 14/2009, do 11 de novembro, pola que se regula o programa temporal de protección por desemprego e inserción

Xefatura do Estado

Protección por desemprego e inserción


Lei 14/2009, do 11 de novembro, pola que se regula o programa temporal de protección por desemprego e inserción.

Ir ao arquivo en PDF
Obxecto: facilitar cobertura económica, con carácter extraordinario, a persoas en situación de desemprego que, esgotada a prestación por desemprego contributiva ou o subsidio por desemprego, carezan de rendas e adquiran o compromiso de participar nun itinerario activo de inserción laboral, nos términos que se establecen nesta Lei.
A prestación extraordinaria por desemprego regulada nesta Lei poderá obterse unha soa vez.

Duración do programa: será de seis meses a contar dende o día 16 de agosto de 2009.

Beneficiarios e requisitos: persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego, menores de 65 anos que, á data da solicitude de incorporación ao mesmo, e durante a percepción da prestación por desemprego, reúnan os requisitos recollidos nas letras a) o b) seguintes:

a) Ter extinguido por esgotamento a prestación por desemprego de nivel contributivo dentro do período de duración do programa, e non teñan dereito ao subsidio por desemprego, sempre que carezan de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 por cento do Salario Mínimo Interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

b) Ter extinguido por esgotamento, incluídas as prórrogas, os subsidios por desemprego establecidos no artigo 215 da Lei Xeral da Seguridade Social, dentro do período de duración do programa, sempre que reúnan os requisitos de carencia de rendas establecidos anteriormente.

Non poderán beneficiarse do programa os traballadores que esgoten o subsidio por desemprego para maiores de 52 anos, os traballadores fixos descontinuos que, mentres manteñan dita condición, esgoten a prestación por desemprego ou os subsidios por desemprego e os traballadores que esgoten a prestación por desemprego ou os subsidios por desemprego durante a suspensión da relación laboral ou a redución da xornada de traballo en virtude de ERE's.

Obrigas dos traballadores: deberán adquirir o compromiso de actividade e participar nos itinerarios de inserción laboral

Contía: será igual ao 80 por cento do IPREM para 2009 (527,24 €), isto é 421,79 €.

Duración da prestación: a duración máxima da prestación por desemprego extraordinaria será de 180 días.

Solicitude: deberá presentarse dentro dos 60 días seguintes ao esgotamento da prestación de nivel contributivo ou o subsidio por desemprego.



Publicidade