Páxinas

miércoles, 30 de septiembre de 2009

Boletín para Pemes e Autónomos, número 12

setembro, Boletín número doce

Traballo anuncia medidas e actuacións para fomentar o emprego entre as mulleres e a xuventude


A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha diversas medidas e actuacións co fin de fomentar o emprego entre as mulleres galegas e a xuventude, co fin de frear o paro en ambos colectivos, especialmente afectados pola actual crise económica
.

O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, compareceu nunha comisión parlamentaria, onde lembrou que o Goberno galego porá en marcha un Plan de emprego feminino e un xuvenil, inseridos no Plan autonómico de emprego 2010-2013.

De feito, Hermida sinalou que a “principal” preocupación das familias galegas é o desemprego. Neste sentido, subliñou que a cifra de mulleres paradas elevouse a 117.000, ao tempo que a mocidade “sufre taxas de paro de máis do dobre da taxa xeral, xa preto do 34 por cento”.

Así, no que se refire as actuacións encamiñadas a fomentar o emprego entre as mulleres, o director xeral adiantou que se apoiará a contratación indefinida, que se establecerán axudas ao autoemprego (en profesións con menor índice de emprego feminino, en xacementos de emprego, no medio rural e no medio marítimo) ou que se fomentara a formación de mulleres en actividades de alta demanda e no ámbito das novas tecnoloxías.

Tamén se promoverán as medidas de conciliación laboral, desenvolvendo, entre outras actuacións, fórmulas para unha organización do traballo máis flexible.

En canto ao Plan de emprego xuvenil, fomentarase a contratación por conta allea, estimulando a inserción laboral dos mozos e mozas que remataran os estudos e apoiando os contratos formativos, entre outras medidas. Ademais, apoiarase á xuventude emprendedora e promoveranse os programas mixtos de formación e emprego (escolas obradoiro e casas de oficio), que contan cun elevado nivel de inserción laboral por riba do 70 por cento.

Axudas a pemes de Galicia para o financiamento de investimentos encamiñados á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 28 de setembro de 2009 pola que se amplía o prazo dos artigos 3.1º e 13.1º da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas a pemes de Galicia para o financiamento de investimentos encamiñados á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro
.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19200D001P006.PDF

Axudas correspondentes a accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica no marco do Programa de comunicación e sensibilización social

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Resolución do 11 de setembro de 2009 pola que se conceden as axudas da Orde do 22 de abril de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 120, do 22 de xuño) pola que se convocan axudas correspondentes a accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica (Diverciencia) no marco do Programa de comunicación e sensibilización social (CCS) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) para o ano 2009.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19200D002P007.PDF

Axudas correspondentes ó Programa Isidro Parga Pondal, ao abeiro das diversas accións formativas do Programa de recursos humanos

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Resolución parcial do 24 de setembro de 2009 pola que se adxudican as axudas (anexo I) da Orde do 14 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 181, do 15 de setembro) pola que se convocan as axudas correspondentes á prórroga que se inicia no ano 2009 do Programa Isidro Parga Pondal, adxudicación do ano 2005, ao abeiro das diversas accións formativas do Programa de recursos humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2009.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19200D003P010.PDF

Subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19200D006P027.PDF


Axudas para a promoción da recría de gando vacún en Galicia


CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Resolución do 9 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 24 de agosto de 2009 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción da recría de gando vacún en Galicia e se convocan axudas para o ano 2009
.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19200D007P053.PDF

martes, 29 de septiembre de 2009

Medidas en materia de Seguridade Social, en relación coa prestación de incapacidade temporal

Ministerio de Traballo e Inmigración

Seguridade Social


Real Decreto 1430/2009, do 11 de setembro, polo que se desenvolve regulamentariamente a Lei 40/2007, do 4 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social, en relación coa prestación de incapacidade temporal.

PDF (BOE-A-2009-15442 - 6 páxs. - 197 KB)

Subvencións concedidas a accións de información e promoción de produtos agrícolas no mercado interior

Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño

Subvencións


Resolución do 1 de setembro de 2009, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Agua, pola que se publican as subvencións concedidas a accións de información e promoción de produtos agrícolas no mercado interior.

PDF (BOE-A-2009-15500 - 1 páx. - 155 KB)

Axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2009-2010.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19100D002P008.PDF

Axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción


CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, e se convocan para o ano 2009.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19100D004P023.PDF

Aplicación dos pagamentos directos á agricultura

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se incrementa a dotación orzamentaria da Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e da indemnización compensatoria, e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2009.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19100D005P050.PDF

Axudas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 25 de setembro de 2009 pola que se publican as bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:19100D008P054.PDF


Obxectivo: regular o contido e procedemento de tramitación da liña de financiamento subsidiado e avalado para facilitar o acceso ao financiamento para circulante de autónomos e microempresas, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, impostos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing.

Beneficiarios: empresas con domicilio fiscal en Galicia, que teñan a consideración de microempresas, e que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas segundo os termos recollidos no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, pola que se aproba o Estatuto do traballo autónomo.

Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.

Contía e prazos:

a) O seu importe mínimo será de 3.000 € e o máximo de 40.000 €.
b) O seu prazo de vixencia será de tres anos.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o día 30 de setembro de 2009 ata o 30 de decembro de 2009


Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Resolución do 25 de setembro de 2009 pola que se fai público o contido do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas polo que se establece unha liña de avais do Instituto Galego de Promoción Económica para facilitar ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19100D009P064.PDF


Obxectivos: establecer determinadas liñas de financiamento garantidas polo IGAPE para facilitar ás empresas galegas o acceso a financiamento adicional a través de pólizas de crédito, liñas de desconto facturas, de efectos comerciais e confirming.

Beneficiarios:
as empresas con domicilio social e fiscal en Galicia, que non se atopen en situación de crise, que desenvolvan algunha das actividades relacionadas no anexo II.b. e que presenten un proxecto obxecto do financiamento avalado que sexa considerado viable e dentro dos límites de risco asumibles polo Igape.

Condicións financeiras das liñas de financiamento:
o IGAPE poderá garantir operacións de financiamento novas, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes.

Condicións da garantía do Igape:
o prazo de vixencia da garantía será como máximo de 30 meses desde a súa formalización, cubrindo o risco vivo financiado ou anticipado durante os 2 anos de vixencia máxima da operación avalada.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o día 30 de setembro de 2009 ata o 30 de decembro de 2009

lunes, 28 de septiembre de 2009

viernes, 25 de septiembre de 2009

Subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Resolución do 5 de agosto de 2009 pola que se resolve a concesión de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18900D009P072.PDF

Convocatoria de becas de formación para diplomados universitarios e titulados superiores en materia de medio ambiente e biodiversidade mariña

Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño

Becas


Orde ARM/2563/2009, do 17 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de becas de formación para diplomados universitarios e titulados superiores en materia de medio ambiente e biodiversidade mariña e en materia de economía pesqueira da Secretaría Xeral do Mar.

PDF (BOE-A-2009-15239 - 8 páxs. - 274 KB)

Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Resolución do 5 de agosto de 2009 pola que se resolve a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18900D010P073.PDF

Convocatoria de axudas ásUniversidades públicas e privadas e Entidades públicas para a realización de proxectos de apoio científico e tecnolóxico ao d

Ministerio da Presidencia

Axudas


Resolución do 27 de agosto de 2009, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se publica a convocatoria de axudas ás Universidades públicas e privadas e Entidades públicas para a realización de proxectos de apoio científico e tecnolóxico ao deporte, estudos e informes de interese deportivo e outras accións de promoción e difusión da investigación deportiva para o ano 2010.

PDF (BOE-A-2009-15240 - 18 páxs. - 308 KB)

Subvencións para o desenvolvemento e a produción de contidos interactivos en lingua galega

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Resolución do 24 de agosto de 2009 pola que se resolve a concesión de subvencións para o desenvolvemento e a produción de contidos interactivos en lingua galega.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18900D011P074.PDF

Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Resolución do 28 de agosto de 2009 pola que se resolve a concesión de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18900D012P075.PDF

subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como videoclips


AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Resolución do 31 de agosto de 2009 pola que se resolve a concesión de subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como videoclips.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18900D013P076.PDF

Subvencións ás entidades sen fin de lucro, para a organización de actos científicos, publicacións periódicas e realización de estudos

Ministerio da Presidencia

Subvencións


Resolución do 27 de agosto de 2009, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se publica a convocatoria de subvencións ás entidades sen fin de lucro, para a organización de actos científicos, publicacións periódicas e realización de estudos en áreas de interese deportivo prioritario no ámbito das ciencias do deporte para o ano 2010.

PDF (BOE-A-2009-15242 - 14 páxs. - 275 KB)

Axudas para realizar estudos de Máster

Ministerio de Ciencia e Innovación

Axudas

Resolución de 10 de agosto de 2009, da Presidencia da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, pola que se conceden axudas para realizar estudos de Máster, dentro do Programa de Posgrado do Consello Superior de Investigacins Científicas e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

PDF (BOE-A-2009-15256 - 4 págs. - 225 KB)

jueves, 24 de septiembre de 2009

Orde pola que se homologa o contrato tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño da denominación de orixe Rías Baixas

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Corrección de erros.-Orde do 26 de agosto de 2009 pola que se homologa o contrato tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño da denominación de orixe Rías Baixas para as campañas 2009, 2010 e 2011.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 18800D007P019.PDF

Certificados de profesionalidade da familia profesional Instalación e mantemento

Ministerio de Traballo e Inmigración

Formación profesional

Real Decreto 1375/2009, do 28 de agosto, polo que se establecen catro certificados de profesionalidade da familia profesional Instalación e mantemento que se inclúen no Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade.

PDF (BOE-A-2009-15133 - 127 páxs. - 4142 KB)

Becas para a realización de estudos de Máster en Ciencias Sociais e Humanidades en Universidades de Estados Unidos

Ministerio de Educación

Becas

Orde EDU/2543/2009, do 2 de setembro, pola que se convocan becas para a realización de estudos de Máster en Ciencias Sociais e Humanidades en Universidades de Estados Unidos de América para o curso 2010-2011.

PDF (BOE-A-2009-15159 - 11 páxs. - 238 KB)

Subvencións a empresas circenses para a atención educativa á poboación itinerante en idade de escolarización obrigatoria

Ministerio de Educación

Subvencións

Resolución do 28 de agosto de 2009, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se resolve a convocatoria de subvencións a empresas circenses para a atención educativa á poboación itinerante en idade de escolarización obrigatoria, durante o curso 2009-2010.

PDF (BOE-A-2009-15163 - 2 páxs. - 176 KB)

Subvencións a entidades privadas sen fines de lucro para a realización de actividades dirixidas á atención do alumnado con necesidade específica

Ministerio de Educación

Subvencións

Resolución do 4 de setembro de 2009, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se resolve a convocatoria de subvencións a entidades privadas sen fines de lucro para a realización de actividades dirixidas á atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo e á compensación de desigualdades en educación durante o curso escolar 2009-2010.

PDF (BOE-A-2009-15164 - 3 páxs. - 197 KB)


Programas para a súa financiación polo Fondo Europeo para os refuxiados

Ministerio de Traballo e Inmigración

Axudas


Resolución do 15 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes, pola que se acorda facer pública a resolución de convocatoria de programas para a súa financiación polo Fondo Europeo para os refuxiados no exercicio 2009.

PDF (BOE-A-2009-15165 - 28 páxs. - 523 KB)

Normativa reguladora dos créditos para a posta en marcha do programa "Emprendedores en Red"

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Axudas


Orde ITC/2544/2009, do 11 de setembro, pola que se aproba a normativa reguladora dos créditos para a posta en marcha do programa "Emprendedores en Red".

PDF (BOE-A-2009-15167 - 7 páxs. - 212 KB)

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Boletín para Pemes e Autónomos, número 11

setembro, Boletín número once

Axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Resolución do 15 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2009 as axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18700D005P007.PDF

Axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros


CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 13 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros, e se convocan para o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18700D007P013.PDF

Axudas para a conservación e recuperación das poboacións de coello de monte autóctono

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Resolución do 27 de agosto de 2009, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se lle dá publicidade á lista de beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2008 pola que se establecen e se regulan axudas para a conservación e recuperación das poboacións de coello de monte autóctono, e se convocan para o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18700D008P013.PDF

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Resolución do 27 de agosto de 2009, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2009 as axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18700D009P014.PDF

axudas a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 15 de setembro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con achatarramento de automóbiles antigos-Plan Remóvete.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18700D011P015.PDF

Programa temporal de protección por desemprego e inserción

Cortes Xerais

Protección por desemprego e inserción

Resolución do17 de setembro de 2009, do Congreso dos Diputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de convalidación do Real Decreto-lei 10/2009, do 13 de agosto, polo que se regula o programa temporal de protección por desemprego e inserción.

PDF (BOE-A-2009-15050 - 1 páx. - 147 KB)

Certificados de profesionalidade da familia profesional Administración e xestión

Ministerio de Traballo e Inmigración

Formación profesional

Real Decreto 1210/2009, do 17 de xllo, polo que se establecen cinco certificados de profesionalidade da familia profesional Administración e xestión que se inclúen no Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade.

PDF (BOE-A-2009-15054 - 354 páxs. - 24573 KB)

Axudas da I Convocatoria de axudas específicas do Programa Iberoamericano de Formación Técnica Especializada

Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Axudas

Resolución do 31 de agosto de 2009, da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, pola que se acorda a segunda adxudicación parcial de axudas da I Convocatoria de axudas específicas do Programa Iberoamericano de Formación Técnica Especializada para o ano 2009.

PDF (BOE-A-2009-15079 - 8 páxs. - 218 KB)

Axudas á prevención de riscos e seguridade mineira noámbito dunha minería sostible

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Axudas

Orde ITC/2534/2009, do 18 de setembro, pola que se modifica a Orde ITC/676/2009, do 12 de marzo, pola que se regulan as bases para a concesión de axudas á prevención de riscos e seguridade mineira no ámbito dunha minería sostible.

PDF (BOE-A-2009-15111 - 2 páxs. - 165 KB)

martes, 22 de septiembre de 2009

Certificados de profesionalidade da familia profesional Imaxe personal que se inclúen no Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade

Ministerio de Traballo e Inmigración

Formación profesional


Real Decreto 1379/2009, do 28 de agosto, polo que se establecen dous certificados de profesionalidade da familia profesional Imaxe personal que se inclúen no Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade.

PDF (BOE-A-2009-14961 - 54 páxs. - 1338 KB)


Subvencións para a organización de encontros iberoamericanos


Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Subvencións

Resolución do 1 de setembro de 2009, da Secretaría de Estado para Iberoamérica, pola que se convoca a concesión de subvencións para a organización de encontros iberoamericanos en España.

PDF (BOE-A-2009-15011 - 10 páxs. - 277 KB)


Pola que se adxudicaron axudas para estancias breves en España e no estranxeiro a persoal investigador en formación

Ministerio de Educación

Axudas

Resolución do 10 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se corrixen erros na de 22 de xullo de 2009, pola que se adxudicaron axudas para estancias breves en España e no estranxeiro a persoal investigador en formación do programa nacional de Formación de Profesorado Universitario.

PDF (BOE-A-2009-15016 - 2 páxs. - 177 KB)

Becas para o traslado temporal a un centro no estranxeiro a persoal investigador en formación


Ministerio de Educación

Becas

Resolución do 12 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se concede o traslado temporal a un centro no estranxeiro a persoal investigador en formación, do programa nacional de formación de profesorado universitario.

PDF (BOE-A-2009-15017 - 2 páxs. - 192 KB)

Subvención para o fomento da mobilidade de titulados de universidades españolas mediante un programa de prácticas formativas


Ministerio de Educación

Subvencións

Orde EDU/2514/2009, do 7 de setembro, pola que se convoca subvención para o fomento da mobilidade de titulados de universidades españolas mediante un programa de prácticas formativas en empresas de Europa, Estados Unidos, Canadá e Asia (Programa ARGO GLOBAL).

PDF (BOE-A-2009-15018 - 7 páxs. - 1431 KB)

Tipoloxía comunitaria das explotacións agrícolas

REGULAMENTOS DA COMISIÓN EUROPEA

Regulamento (CE) no 867/2009 da Comisión, de 21 de setembro de 2009, que modifica e corrixe o Regulamento (CE) no 1242/2008 polo que se establece unha tipoloxía comunitaria das explotacións agrícolas

O papel dos bosques e o sector forestal no cumplimento dos compromisos da UE na loita contra o cambio climático

DICTAMES

Comité Económico e Social Europeo

452º pleno dos días 24 e 25 de marzo de 2009

Dictamen do Comité Económico e Social Europeo sobre o tema «O papel dos bosques e o sector forestal no cumplimento dos compromisos da UE na loita contra o cambio climático» (Dictamen exploratorio) 2009/C 228/01

Identificación dos obstáculos á movilidade que subsiste no mercado interior de traballo

DICTÁMES

Comité Económico e Social Europeo

452º pleno dos días 24 e 25 de marzo de 2009



Dictamen do Comité Económico e Social Europeo sobre o tema «Identificación dos obstáculos á movilidade que subsiste no mercado interior de traballo» (dictamen exploratorio) 2009/C 228/03

A situación do persoal traballador de máis idade ante o cambio industrial: cómo apoiar e xestionar a diversidade de idades nos sectores e as empresas

DICTAMES

Comité Económico e Social Europeo

452º pleno dos días 24 e 25 de marzo de 2009

Dictamen do Comité Económico e Social Europeo sobre o tema «A situación do persoal traballador de máis idade ante o cambio industrial: cómo apoiar e xestionar a diversidade de idades nos sectores e as empresas» (Dictamen de iniciativa)
2009/C 228/04

Publicidade