O II Plan Galego de Inclusión Social (II PGIS) a 18 de outubro de 2009; pon en marcha neste último trimestre cursos de formación en Técnicas de Busca de Emprego e en Competencias Persoais, unhas accións dirixidas a facilitar a inserción social e laboral de persoas con especiais dificultades e aos que asistirán nos próximos meses ao arredor de 750 persoas.
Os cursos de Técnicas de Busca de Emprego, cunha duración de 25 horas, abranguen aspectos como a análise do contorno, a elaboración de cartas de presentación, currículos vitae ou a asistencia a entrevistas de traballo.
Os de Competencias Persoais, pola súa banda, teñen 30 horas de duración e achegan aos participantes contidos como o desenvolvemento persoal, a comunicación interpersoal ou a resolución de conflictos.
Ambas accións formativas desenvolveranse en arredor de 30 concellos, nalgúns deles con máis dunha edición, en función dos acordos acadados polos equipos de Inclusión das oficinas comarcais de I+B con estas entidades locales.
Itinerarios de inserción sociolaboral
As actividades formativas impartidas polos equipos de Inclusión das Oficinas I+B constitúen unha máis das accións que conforman os itinerarios de inserción sociolaboral, un percorrido deseñado por estes profesionais para cada unha das persoas participantes no II PGIS.
Así, ademáis das accións formativas en competencias persoais ou busca de emprego, o plan de inclusión inclúe outras actuacións como prácticas en empresas ou cursos con compromiso de contratación, co obxectivo de mellorar o perfil profesional dos asistentes. Ao terminar o curso, os asistentes continúan traballando cos equipos ata rematar o resto de accións incluidas nos seus itinerarios.