Páxinas

lunes, 7 de septiembre de 2009

Subvencións en réxime de concesión directa dirixidas aos traballadores e ás traballadoras en situación de desemprego para facilitar a súa mobilidade

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 26 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións en réxime de concesión directa dirixidas aos traballadores e ás traballadoras en situación de desemprego para facilitar a súa mobilidade xeográfica e a súa participación en accións de orientación con cargo ao Plan extraordinario de orientación, formación profesional e inserción laboral.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17500D007P036.PDF

Liña 1 -Subvencións durante o proceso de procura de emprego:
Finalidade: A finalidade destas subvencións é reforzar e facilitar a dedicación dos traballadores/as desempregados/as durante o proceso de desenvolvemento do seu itinerario personalizado de inserción e de procura de emprego, compensando os gastos que se puidesen xerar neste proceso.

Beneficiarios:

- Que sexan desempregados/as rexistrados/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.

- Que teñan experiencia laboral e graves problemas de empregabilidade.

- Que participen en accións de orientación.

- Que no seu itinerario personalizado de inserción se determine a necesidade de participar en grupos específicos de procura de emprego que impliquen a súa dispoñibilidade e especial dedicación para a súa presentación a ofertas de emprego e participación nas demais actuacións dirixidas a lograr a súa inserción no mercado de traballo.

- Que non sexan beneficiarios/as de ningún tipo de prestación ou subsidio por desemprego, renda agraria ou renda activa de inserción.

- Que carezan de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) mensual vixente en cada momento.
Liña 2- Subvención para facilitar a mobilidade xeográfica:

Finalidade: Facilitar a contratación estable dos/das traballadores/as desempregados/as rexistrados/as no Servizo Público de Emprego de Galicia suxeitos a un itinerario personalizado de inserción, cando esta contratación implique desprazamentos e traslado de residencia dentro do territorio español.

Beneficiarios:
Os/as traballadores/as desempregados/as cuxa contratación implique mobilidade xeográfica.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 10 de decembro de 2009



Publicidade