Páxinas

jueves, 31 de diciembre de 2009

Lei de medidas urxentes para o mantemento e o fomento do emprego e a protección das persoas desempregadas

XEFATURA DO ESTADO

Emprego. Medidas urxentes


Lei 27/2009, de 30 de decembro, de medidas urxentes para o mantemento e o fomento do emprego e a protección das persoas desempregadas.

Ir ao arquivo en PDF

Esta norma introduce algunhas modificacións respecto aos Reais decretos que a preceden (as que me refería o 19 de agosto de 2009), entre as que cumpre destacar as que fan referencias aos Centros Especiais de Emprego:

Así, o Capítulo IV pretende impulsar a empregabilidade dos traballadores con discapacidade, habida conta da importante incidencia que a actual crise económica está tendo sobre os centros especiais de emprego e, porén, sobre as perspectivas de creación e particularmente de mantemento do emprego dos traballadores con discapacidade.

A norma modifica o apartado 3 do artigo 2 da Lei 43/2006, de 29 de decembro, quedando así:

Cando se trate de traballadores con discapacidade, ... contratados por un centro especial de emprego, mediante un contrato indefinido ou temporal, incluídos os contratos formativos, aplicaranse as bonificacións do 100 por 100 da cota empresarial á Seguridade Social, incluídas as de accidentes de traballo e enfermidade profesional e as cotas de recadación conxunta. A mesma bonificación desfrutarase polos centros especiais de emprego no suposto de transformación en indefinidos dos contratos temporais de fomento de emprego de persoas con discapacidade ou de transformación en indefinidos dos contratos de duración determinada ou temporais, incluídos os formativos subscritos con traballadores con discapacidade.

(Na redacción anterior só tiñan dereito a esta bonificación a transformación de contratos formativos)

Ensimesmo, o apartado 3 do artigo 6 da Lei 43/2006, de 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego, queda redactado, como segue, reducindo as exclusións as bonificación establecidas no apartado 1 deste artigo:

...nos supostos de contratación de traballadores con discapacidade procedentes de centros especiais de emprego, tanto no que se refire a súa incorporación a unha empresa ordinaria, como no seu posible retorno ao centro especial de emprego de procedencia ou a outro centro especial de emprego. Tampouco será de aplicación ditas exclusións nos supostos de incorporación a unha empresa ordinaria de traballadores con discapacidade no marco do programa de emprego con apoio.

En todo caso, as exclusións das letras c) e d) do apartado 1 non se aplicarán si se trata de traballadores con especiais dificultades para a súa inserción laboral. Estes efectos, considerarase que existen ditas especiais dificultades cando o traballador estea incluído nalgún dos grupos seguintes:

a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grado de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 por 100.

b) Persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grado de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 por 100.

Ampliación transitoria das subvencións por mantemento do emprego nos centros especiais de emprego.

O importe das axudas para o mantemento de postos de traballo en Centros Especiais de Emprego destinadas a subvencionar o custe salarial correspondente a postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade, a que se refire o artigo 4.B) 2 da Orde de 16 de outubro de 1998, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas e subvencións públicas destinadas ao fomento da integración laboral dos minusválidos en centros especiais de emprego e traballo autónomo, será do 75 por 100 do salario mínimo interprofesional. No caso de contratos a tempo parcial, a subvención experimentará unha redución proporcional á xornada laboral realizada.

(Na redacción anterior era do 50 por 100 do SMI)

O disposto neste artigo será aplicable durante o período comprendido entre o 10 de xullo de 2009 e o 31 de decembro de 2010.

No suposto de traballadores con especiais dificultades para a súa inserción laboral, o período de vixencia estenderase dende o 10 de xullo de 2009 ata o 31 de decembro de 2011. Estes efectos, considerarase que existen ditas especiais dificultades cando o traballador estea incluído nalgún dos grupos seguintes:

a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grado de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 por 100.

b) Persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grado de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 por 100.

No primeiro semestre de 2011, o Goberno presentará un informe ao Congreso dos Deputados para valorar a continuidade ou non da ampliación da subvención para o mantemento do emprego en centros especiais de emprego, no marco da Estratexia Global de Acción para o Emprego das Persoas con Discapacidade.

Publicidade