Páxinas

jueves, 15 de octubre de 2009

Programa de Aprendizaxe Permanente

Anuncios

PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS


Comisión

2009/C 247/09

Convocatoria de propostas 2010 — EAC/41/09 — Programa de Aprendizaxe Permanente


Nova relaciona:

DECISIÓN Número 1720/2006/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO, de 15 de novembro de 2006, pola que se establece un programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente.

Lembramos os obxectivos xerais:

Contribuír, mediante a aprendizaxe permanente, ó desenrolo da Comunidade como sociedade do coñecemento avanzada, cun crecemento económico sostible, máis e mellores postos de traballo e unha maior cohesión social, garantindo ó mesmo tempo unha boa protección do medio ambiente en beneficio das xeracións futuras. En particular, pretende estimular o intercambio, a cooperación e a mobilidade entre os sistemas de educación e formación dentro da Comunidade, de modo que se convertan nunha referencia de calidade mundial.

Está dirixido a:

(a) alumnos, estudantes, persoas en formación e estudantes adultos;
(b) profesores, formadores e persoal de outro tipo que participen en calquera aspecto da aprendizaxe permanente;
(c) persoas presentes mo mercado de traballo;
(d) centros ou organizacións que ofrezan posibilidades de aprendizaxe no contexto do programa de aprendizaxe permanente ou nos límites dos seus subprogramas;
(e) persoas e organismos responsables de sistemas e políticas que traten calquera aspecto da aprendizaxe permanente a nivel local, rexional e nacional;
(f) empresas, interlocutores sociais e as súas organizacións a tódolos niveis, incluídas as organizacións profesionais e as cámaras de comercio e industria;
(g) organismos que presten servizos de orientación, asesoramento e información relacionados con calquera aspecto do aprendizaxe permanente;
(h) asociacións activas no ámbito da aprendizaxe permanente, incluídas as de estudantes, persoas en formación, alumnos, profesores, padres e estudantes adultos;
(i) centros de investigación e organismos que traballen sobre aspectos do aprendizaxe permanente;
(j) asociacións sen ánimo de lucro, organismos de voluntariado e organizacións non gubernamentais (ONG).

Prazo para a presentación de propostas: os principais prazos son os seguintes:

  • Formación en Prácticas (Comenius e Grundtvig): primeiro prazo: 15 de xaneiro de 2010; prazos posteriores: 30 de abril de 2010 e 15 de setembro de 2010
  • Axudantías (Comenius): 29 de xaneiro de 2010
  • Mobilidade (Leonardo da Vinci): 5 de febreiro de 2010
  • Cursos intensivos de idiomas (Erasmus): 5 de febreiro de 2010
  • Asociacións (Comenius, Leonardo da Vinci e Grundtvig): 19 de febreiro de 2010
  • Seminarios (Grundtvig): 19 de febreiro de 2010
  • Proxectos Multilaterais, Redes e Medidas de Acompañamento (Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci y Grundtvig): 26 de febreiro de 2010
  • Proxectos Multilaterais de Transferencia de innovación (Leonardo da Vinci): 26 de febreiro de 2010
  • Axudantías, Proxectos de Voluntariado para persoas maiores (Grundtvig): 31 de marzo de 2010
  • Programa Transversal: 31 de marzo de 2010
  • (Actividade Clave 1 - Visitas de Estudio): primeiro prazo, 31 de marzo de 2010; segundo prazo, 15 de outubro de 2010
Máis información premendo aquí.

Publicidade