Páxinas

viernes, 15 de junio de 2012

Puntos fortes e débiles das políticas activas de emprego

Puntos fortes. 

As políticas activas de emprego supón un incentivo para os empresarios que desexan aumentar a produción das súas empresas mediante a contratación de novos traballadores, permitíndolles facelo a un prezo máis baixo, debido ás subvencións e axudas que poden obter e, consecuentemente, favorecer a expansión da economía, o cal, provocaría a creación de postos de traballo multisectoriais indirectos.

As políticas activas de emprego son moi útiles para favorecer a integración, formación, reorientación,... de persoas ou de colectivos con menos posibilidades de empregabilidade, como son os más mozos, mulleres, persoas con discapacidade, inmigrantes ou maiores de 45 años, v. g.

Grazas ás políticas de desenvolvemento local pódense realizar estudos rigorosos das potencialidades dun territorio que permitan a emprendedores e empresarios por en marcha novos proxectos e xerar a contratación de persoas. Ademais, permite que interveñan diferentes actores dun mesmo territorio, o cal axuda a xerar sinerxías positivas entre empresas locais, participar de proxectos colaborativos, etc.

A posta en marcha das políticas activas de emprego supón unha mobilización importante de persoas, as encargadas de deseñalas e executalas, que encontrarán traballo ao ser directamente contratadas polo sector público.

Puntos débiles. 

As políticas activas de emprego acostuman a ser aproveitadas maliciosamente por empresarios para obter un lucro extra da su actividade económica, obtendo uns ingresos vía subvencións que abaratan a contratación de traballadores, todo iso sen pensar no desenvolvemento a largo prazo da súa empresa nin, moito menos, na carreira profesional dos seus traballadores. Un exemplo desta manipulación fraudulenta das políticas activas de emprego son a contratación indefinida de traballadores para cobrar subvencións polo prazo mínimo estimado (tres anos), para despedilos unha vez vencido este sen indemnización baixo a promesa de volver a contratalos, iso si, a conta dunha nova subvención. Evidentemente, esta mala praxe empresarial non xera emprego e ten un elevado custe para o estado.

Outro punto débil é a mala realización da fase de avaliación que, se ocupa máis de exaltar os éxitos dos programas executados -desvirtuando a realidade en moitas ocasións- que en analizar os erros cometidos que, pola situación actual da economía española deben ser notables, impide una adecuada reformulación das políticas activas de emprego.

Estas políticas están máis orientadas a baixar o custe laboral das empresas que en desenvolver carreiras profesionais como xeito de crear valor para as empresas. Isto fai que as empresas no teñan inconvinte en desprenderse do capital humano que posúe, porque o ten minusvalorado en relación co capital económico e os beneficios empresariais.

A formación, tal é como está plantexada, é un punto dos puntos máis febles. Moitas persoas que tiveron a oportunidade de traballar en empresas con contratos de prácticas ou de formación coñecen, e é consciente, da súa inutilidade, pois habitualmente estes traballadores son usados para realizar tarefas menores pouco ou nada relacionadas coa formación realizada. Tamén é habitual que non reciban a parte teórica que a lei esixe e sexa substituída pola práctica, isto é, máis traballo. Outro tanto sucede coa formación ocupacional que oferta accións formativas absoletas ou sen saída laboral.

As políticas relacionadas co fomento do autoemprego como a capitalización da prestación por desemprego, creación de empresas, cooperativas, etc. ten como inconvinte que non dependen xa tanto das subvencións ou axudas gubernamentais que poidan recibir como do financiamento externo do emprendedor e, como sinalamos anteriormente, o fluxo de diñeiro nos mercados está bloqueado pola gran banca.

No mercado de traballo que nos afecta, e polas circunstancias que nos toca vivir, resulta máis doado atopar puntos febles que fortes. Teóricamente tódalas políticas activas de emprego deberían favorecer a xeración de emprego pero un mal uso delas, por parte de empresas e traballadores, conduciunos a un elevado gasto con efectos negativos sobre o mercado laboral.

Publicidade