BBVA convoca a cuarta edición do Premio INTEGRA, destinado a impulsar a excelencia e innovación na inclusión laboral das persoas con discapacidade, así como a fomentar a igualdade de oportunidades e mellorar a calidade de vida deste colectivo. O premio, dotado con 200.000 euros, forma parte do Plan INTEGRA de BBVA.
Máis información en ComunidaRSA
@xosse: xestor e asesor en desenvolvemento sostible e responsabilidade social corporativa. Dirección de persoal; asesoría laboral e políticas de emprego | #RSC #RRHH #TEDL
jueves, 3 de noviembre de 2011
miércoles, 14 de septiembre de 2011
caciquismo formativo
A formación segue a ser un bo negocio para os empresarios do sector malia crise reinante. A clave está na habilidade que teñen para acceder a recursos públicos nos que basean tódalas súas expectativas. Unha outra clave: aproveitarse de alumnos (usuarios) e docentes (traballadores). Un clásico do capitalismo moderno.
29 de abril de 2011. Celébranse as Xornadas de Inserción e Formación Ocupacional en Ourense no marco do Proxecto Auria Inserta. Un dos poñentes daquela tarde, José Jaime López Cossío, Director de Laudantis, trata de convencer a audiencia da estraña relación entre a mala formación das persoas e o desemprego. Resume a súa intervención dicindo que “a mellor formación máis ingresos”. Veremos que non é de todo certo, pero non fai falla ser un lumbreras para realizar semellante afirmación; moito menos pagarlle para que o diga. A mala formación das persoas débese fundamentalmente a mediocre formación dos centros que a ofertan.
Interveño na quenda de preguntas e poño en dúbida canto dixo ao non ter en conta nos datos ofrecidos a relación entre formación dos e das empresarias e a evolución das nosas empresas, como si a transformación do mercado de traballo dependese en exclusiva da boa ou mala formación dos empregados, sen exixencia algunha a quen os contrata. Non só considero que a clase empresarial teñen moito que ver neste desaxuste senón que os responsabilizo a eles e elas da deriva económica actual, en canto a formación se refire, formación que está encamiñada a un único obxectivo: facer caixa conta de fondos europeos destinados a tal fin, non en fornecer as capacidades das persoas.
O Señor Cossío, molesto coa miña pregunta, di que a súa intervención non vai dirixida a empresarios senón a buscadores de emprego e interpela a sala: “si hai algún empresario presente, que levante a man”. Algunha levantouse. Moitas menos das que realmente había. Xusto diante miña tiña ao Sr. Francisco Novoa, dono de Academia Postal, empresario e fillo predilecto de Maceda. Non sabía onde meter as súas mans, seguramente naquel intre desexaría ser manco -abofé que si-, pero as mans non as levantou. Avergoñábase acaso de ser empresario? Quizais o que lle producía vergoña e ser empresario do xeito en que o é, a clase de empresarios que soamente perden a vergoña na intimidade dos corredoiros das administracións públicas, alí onde asexan na procura de axudas e concesións públicas para a súa empresa. Ese xesto confirmoume moitos dos rumores que circulan pola cidade de Ourense, especialmente no ámbito formativo. Un segredo a voces que, polo visto, só descoñecen nos cuarteis da postal. Ese xesto, ou a ausencia do mesmo, é o ademán manido e sintomático do bo cacique que leva acochado. Estar presente ao tempo que ausente. Presente para dar validez a unha acto a un tempo irrelevante e custoso. Ausente para non restar protagonismo aos convocantes do acto. Son desas actuacións que perseguen reforzar seu propio sector e por engadido seu propio negocio.
Que dí o ruxe-ruxe... O noso refraneiro di que o que cala outorga, que hai silencios que matan,... moito se ten dito e escrito sobre os significados do silencio na nosa sabedoría popular. A veces os silencios rachan e con el a realidade. Este mesmo ano escoitei varias veces unha mesma afirmación da boca de diferentes persoas: "o dono de Academia Postal obriga aos Formadores Ocupacionais a devolver parte dos cartos que lle abona polos servizos prestados, baixo ameaza de que, de non facelo, non traballarán máis para eles". Como eu nunca me vira en tal situación, pois non traballei para eles (afortunadamente), non daba creto. Pero cando se escoita unha e outra vez a mesma cantilena... xa saben, "cando o río sona é que auga leva".
Para alguén pertencente ao ramo da formación de persoas é indignante coñecer que alguén realiza semellantes prácticas mafiosas, máxime cando é unha Orde, unha norma, a que determina canto debe cobrar un docente de Formación Ocupacional; como tamén se establece na Orde o espazo dunha aula, os recursos a disposición dos alumnos,.... Todo iso son requisitos que nunca se cumprenumpre. Sen embargo, para quen busca (buscamos) emprego, moitas veces, non queda outra que apandar. Para quen, coma min, pouco lle debe a semellante personaxe e pouco agarda del e dos que son coma el (ver CEO, outro bo exemplo de dilapidamento de recursos públicos) non ocultamos o que nos parecen esas prácticas. O cualificativo bule na miña cabeza e seguramente tamén na súa que está a ler isto. Si, xa, iso mesmo. Quen lle quita a outro o que lle pertence, quen se apodera do que non é seu, por moitas voltas que se lle dea, con ou sen sentencia condenatoria, iso é ratear. Alguén pode pensar, "si o fillo predilecto de Maceda é así, como serán os demais?" Erra ao pensar así. A verdadeira interrogante que debe formularse toda persoa é a seguinte, “si o fillo predilecto de Maceda é así, como será quen lle outorgou semellante distinción?”. De tódolos xeitos que cada quen se pregunte o que queira… a maioría, ben sei, calará e agardará pola súa oportunidade… de coller cacho. Cando presentei a reclamación que se pode ver máis abaixo dixéronme que a Academia Postal non tiña por norma devolver cartos aos alumnos descontentes, polo tanto que nada me ían voltar. Normas!?
Respondín con outra interrogante: E logo, acaso teñen por norma esixir a devolución de cartos aos seus docentes? Fíxose o silencio. Cada quen pon as normas que lle peta, legais ou non. Todo depende da situación que ocupes respecto aos demais. Eu tamén teño miñas propias normas, entre elas non permitir que ninguén me tome o pelo e/ou me roube un can; cando iso acontece, pido contas. Entre as normas da postal tampouco están a promoción do galego, por máis que loara nese senso o alcalde caciquintanista de Maceda, Xavier Oviedo, cando o nomeu fillo predilecto da vila (todos saben que se trataba dunha manobra para evitar que este “suposto socialista” se presentase a alcalde polo PP da man de Feijóo, cousa que na comarca os díxome-díxome daban por feito). Tampouco ten por norma competir no mercado do ensino en igualdade de condicións. El utiliza unha pseudoasociación para ter uns empregados (orientadores) remunerados con fondos públicos para dar clases, amais de utilizar esa suposta "orientación" para acceder a unha base de datos de buscadores de emprego desempregados para recrutar candidatos a opositar para a administración pública. Recoñezo que eu son un dos que caeu na súa trampa. Perante unha situación así soamente queda reporse. De aí a miña reclamación. Por escrito porque así ma pediron. O que non recibín logo, nin por escrito nin doutro xeito, foi unha resposta, moito menos unha desculpa. Si o ingreso de canto lles reclamaba. Significa o feito de que me devolvesen os cartos que lles reclamaba que canto afirmo é certo? Non. Nin o contrario. Cada quen pode pensar o que lle pareza.
Actualización: "A mellor formación, máis emprego e mellor soldo" - Diario El Público, 14 de setembro de 2011. Que este páis teña unhas taxas de desemprego máis elevadas da UE e uns soldos moi por debaixo da media do seu contorno (media á que contribúe baixándoa), é unha proba de que a educación e a formación foi e é mediocre.
miércoles, 8 de junio de 2011
martes, 7 de junio de 2011
accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas
miércoles, 2 de marzo de 2011
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 04200D002P009.PDF

Etiquetas:
Discapacidade,
integración,
Política Social,
Subvencións
viernes, 11 de febrero de 2011
Subvencións para sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 26 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións para sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 02900D007P013.PDF

miércoles, 2 de febrero de 2011
Subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 21 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 02200D007P018.PDF

lunes, 31 de enero de 2011
Axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
02000D007P017.PDF

martes, 18 de enero de 2011
Subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega)
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Resolución do 11 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega) e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (SI429A).
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
01100D002P005.PDF

lunes, 17 de enero de 2011
Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2011.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
- 01000D005P021.PDF

Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación: universidades e entidades sen ánimo de lucro
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
- 01000D006P037.PDF

Asociacións,
Axudas,
Fomento do Emprego,
Subvencións,
Traballo,
universidades
Premios do Igape ás iniciativas para o fomento da creatividade aplicada
STITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Resolución do 14 de decembro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras dos premios do Igape ás iniciativas para o fomento da creatividade aplicada e se procede á convocatoria da III edición en réxime de concorrencia competitiva.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
- 01000D009P066.PDF
Resolución do 14 de decembro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras dos premios do Igape ás iniciativas para o fomento da creatividade aplicada e se procede á convocatoria da III edición en réxime de concorrencia competitiva.Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)