Páxinas

viernes, 28 de mayo de 2010

Axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 21 de maio de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 10000D009P042.PDF

Axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 19 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000 e a súa convocatoria para os anos 2010 e 2011.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 10000D007P026.PDF

martes, 18 de mayo de 2010

Bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 7 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 09200D005P033.PDF


Axudas a entidades sen ánimo de lucro, para facilitar a súa participación en materia ambiental

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 14 de maio de 2010 pola que se derroga a Orde do 19 de decembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro, para facilitar a súa participación en materia ambiental, así como a súa convocatoria para o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 09200D004P032.PDF


Axudas a fundacións, asociacións e outras entidades ou institucións sen ánimo de lucro para o financiamento de proxectos en materia medioambiental

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 14 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a fundacións, asociacións e outras entidades ou institucións sen ánimo de lucro para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, mitigación ou adaptación ao cambio climático e implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para os anos 2010 e 2011.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 09200D003P013.PDF


viernes, 7 de mayo de 2010

Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 4 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08600D012P081.PDF

Axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 30 de abril de 2010 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08600D011P065.PDF


Subvencións a entidades privadas para a potenciación e mellora do turismo de saúde

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Orde do 29 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades privadas para a potenciación e mellora do turismo de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (CT988A).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08600D009P035.PDF

jueves, 6 de mayo de 2010

Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a incentivación da demanda comercial

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 28 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a incentivación da demanda comercial e desenvolvemento equilibrado dos eixes comerciais, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013, e se procede á súa convocatoria (IN220A-presentación electrónica).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08500D003P046.PDF

Axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Orde do 23 de abril de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 29 de marzo de 2010 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08500D002P046.PDF


miércoles, 5 de mayo de 2010

Subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a realización de actividades dirixidas á xuventude

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 22 de abril de 2010 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a realización de actividades dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2010, e se procede á súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08400D005P034.PDF

Subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Orde do 14 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010, co cofinanciamento de fondos Feder.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08400D003P009.PDF

martes, 4 de mayo de 2010

Subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 28 de abril de 2010 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08300D014P105.PDF

Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 23 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08300D013P084.PDF

Subvencións ás asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás para o fomento do sector artesanal galego

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 27 de abril de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento do sector artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (Código de procedemento IN201F presentación telemática).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08300D009P067.PDF


Axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 27 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións, e a súa certificación externa e se convocan para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08300D015P120.PDF

lunes, 3 de mayo de 2010

Bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 27 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08200D007P022.PDF
Programas:

  • Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego.
  • Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego.

Entidades beneficiarias das subvencións.

  1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG nº 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.
  2. Poderán solicitar as subvencións establecidas nos programas regulados nesta orde aquelas entidades que solicitasen a súa cualificación como centro especial de emprego. As axudas concederanse desde a data da solicitude de cualificación e, en todo caso, para o seu pagamento será necesario acreditar a dita cualificación.

Solicitudes e prazos.

a) As solicitudes de asistencia técnica, subvención financeira e subvención en función do investimento en activo fixo, para proxectos de creación ou de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego, poderán presentarse ata o 15 de setembro de 2010.

b) Para a subvención do custo salarial deberá presentarse unha única solicitude que comprenderá as mensualidades do último trimestre do ano 2009 e a previsión dos custos salariais polas mensualidades ata setembro de 2010, esta incluída. O prazo para a presentación desta solicitude finalizará o 30 de xuño.

Para os centros especiais de emprego que soliciten a súa cualificación, inicien a súa actividade ou obteñan a súa cualificación con posterioridade ao 30 de xuño por seren de nova creación, a solicitude poderá presentarse ata o 15 de setembro de 2010.

c) As solicitudes de subvención para adaptación de postos de traballo presentaranse con anterioridade á realización da adaptación, e ata o 15 de setembro de 2010.

Non obstante, as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 16 de setembro de 2009 e a data de publicación desta orde poderán acollerse ás súas axudas. Neste caso a solicitude poderá presentarse ata o 30 de xuño de 2010.

d) As solicitudes de axudas para o saneamento financeiro e o equilibrio orzamentario dos centros especiais de emprego poderán presentarse ata o 15 de setembro de 2010.

Axudas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Resolución do 20 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2010 as axudas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08200D004P008.PDF

Publicidade