Páxinas

viernes, 30 de abril de 2010

Bases reguladoras do programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria


CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Orde do 23 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e do programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08100D006P103.PDF

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2010 das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos seguintes programas:

  • Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria.
  • Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.

As persoas destinatarias finais dos programas regulados nesta orde serán as persoas con discapacidade desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego non ocupadas, así como os traballadores e as traballadoras con discapacidade, incluídos/as os/as procedentes de centros especiais de emprego.

Para os efectos das axudas previstas nesta orde, entenderase por persoas con discapacidade, aquelas que teñan recoñecida pola Administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%

Solicitudes e prazos:

Os prazos de presentación de solicitudes do programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria:

a) As solicitudes de axudas á contratación deberán presentarse nos dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral en virtude dunha contratación inicial ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de xuño de 2010.

b) As solicitudes de axuda para a adaptación de postos de traballo deberán presentarse antes do inicio desta adaptación, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de xuño de 2010.

c) As contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 16 de setembro de 2009 e a data de publicación desta orde, poderán acollerse ás súas axudas, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a contratación ou se tivese iniciado a execución do proxecto de investimento. O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de xuño de 2010.

O prazo de presentación de solicitudes do programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No mesmo prazo deberán presentar a solicitude aquelas entidades que iniciasen un proxecto de emprego con apoio desde o 4 de agosto de 2009.


Axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Resolución do 20 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2010 as axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08100D004P082.PDF


Subvencións para establecer servizos de transporte público nocturno a lugares de lecer baixo a marca NoiteBús

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 23 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para establecer servizos de transporte público nocturno a lugares de lecer baixo a marca NoiteBús.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08100D003P063.PDF


Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para traballadores

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 23 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede á súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08100D002P053.PDF


jueves, 29 de abril de 2010

Subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 22 de abril de 2010 pola que se convoca a concesión de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda, que conten co financiamento cualificado do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08000D007P076.PDF


Subvencións dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 23 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08000D004P062.PDF


Subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital no ámbito do Plan Avanza

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 15 de abril de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital no ámbito do Plan Avanza na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo PR519A).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08000D003P034.PDF


Subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 14 de abril de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo PR520A).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08000D002P007.PDF


miércoles, 28 de abril de 2010

Bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 07900D003P046.PDF

Persoas beneficiarias.

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas físicas que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:

  • Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que:
  • Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
  • Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
  • Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
  • Non desenvolvesen como traballadores ou traballadoras autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores ou traballadoras autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE).


As contías desta subvención serán as seguintes:

A. 5.000 euros para desempregados en xeral.

B. 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.

C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.

D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as e traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración, e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.

E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.



lunes, 26 de abril de 2010

Subvencións para a realización de proxectos de investigación científica na Rede de Parques Nacionais

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL e MARIÑO

Subvencións


Resolución de 19 de abril de 2010, de Parques Nacionais, pola que se convoca a concesión de subvencións para a realización de proxectos de investigación científica na Rede de Parques Nacionais para o ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF


Subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 14 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 07700D011P093.PDF


Subvencións para o financiamento de proxectos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 14 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o financiamento de proxectos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 07700D010P083.PDF


lunes, 19 de abril de 2010

Axudas económicas destinadas a subvencionar o funcionamento das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Orde do 13 de abril de 2010 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar o funcionamento das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 07200D006P053.PDF


Axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 9 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (IN519B).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 07200D009P071.PDF


Axudas para paliar os danos producidos polo xabaril

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 12 de abril 2010 , pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril e se convocan para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 07200D014P090.PDF


jueves, 15 de abril de 2010

Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da edición de libros españois, escritos en lingua castelá e en linguas cooficiais

MINISTERIO DE CULTURA

Subvencións


Orde CUL/927/2010, de 8 de abril, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da edición de libros españois, escritos en lingua castelá e en linguas cooficiais distintas á castelá, para as bibliotecas públicas, correspondentes ao ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF

subvencións a organizacións profesionais e organizacións das cooperativas agrarias de ámbito estatal, para a colaboración coa Entidade Estatal de Seg.

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL e MARIÑO

Subvencións


Resolución de 22 de marzo de 2010, da Entidade Estatal de Seguros Agrarios, pola que se convoca a concesión de subvencións a organizacións profesionais e organizacións das cooperativas agrarias de ámbito estatal, para a colaboración coa Entidade Estatal de Seguros Agrarios como membros da Comisión Xeral, durante o ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF


Subvencións a organizacións profesionais e organizacións das cooperativas agrarias de ámbito estatal para a colaboración e asistencia aos grupos de tr

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL e MARIÑO

Subvencións


Resolución de 22 de marzo de 2010, da Entidade Estatal de Seguros Agrarios, pola que se convoca a concesión de subvencións a organizacións profesionais e organizacións das cooperativas agrarias de ámbito estatal para a colaboración e asistencia aos grupos de traballo e de normativa que emanan da Comisión Xeral da Entidade Estatal de Seguros Agrarios, durante o ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF


Convocatoria de axudas destinadas ás organizacións interprofesionais agroalimentarias

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL e MARIÑO

Axudas


Resolución de 30 de marzo de 2010, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Agua, pola que se publica, para o exercicio 2010, a convocatoria de axudas destinadas ás organizacións interprofesionais agroalimentarias.

Ir ao arquivo en PDF


Axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, e se convocan para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 07000D006P014.PDF

jueves, 8 de abril de 2010

Axudas do IGAPE aos proxectos de creación de PEMES ou de investimentos en PEMES novas promovidas por novos emprendedores

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 30 de marzo de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 06500D011P111.PDF


Subvencións para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Resolución do 18 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega e se convocan para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 06500D010P097.PDF

Subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2010 e 2011 de programas integrados para o emprego

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 29 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2010 e 2011 de programas integrados para o emprego.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 06500D007P068.PDF


miércoles, 7 de abril de 2010

Réxime de axudas e a xestión de medidas do programa de impulso ás redes de "Business Angels"

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO e COMERCIO

Axudas


Orde ITC/860/2010, de 29 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras, o réxime de axudas e a xestión de medidas do programa de impulso ás redes de "Business Angels".

Ir ao arquivo en PDF

Axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e á accesibilidade

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 18 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e á accesibilidade e se procede á súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 06400D009P054.PDF

Subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia para actividades culturais

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Orde do 15 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010, co cofinanciamento de fondos Feder.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 06400D007P046.PDF


Subvencións a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades de promoción da lectura e a creación de clubs de lectura

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Orde do 15 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades de promoción da lectura e a creación de clubs de lectura, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 06400D006P039.PDF

Axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 17 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 06400D005P030.PDF

Axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Orde do 29 de marzo de 2010 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 06400D003P019.PDF


Axudas económicas destinadas ao fomento do asociacionismo municipal a través de mancomunidades de municipios e consorcios locais

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Orde do 29 de marzo de 2010 pola que se anuncian axudas económicas destinadas ao fomento do asociacionismo municipal a través de mancomunidades de municipios e consorcios locais.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 06400D002P014.PDF


Axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de obras e equipamento para a prestación de servizos municipais

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Orde do 29 de marzo de 2010 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de obras e equipamento para a prestación de servizos municipais nos concellos e nas entidades menores de Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 06400D001P006.PDF


Publicidade