Páxinas

sábado, 30 de enero de 2010

Convócanse as subvencións destinadas ás organizacións e asociacións de criadores para a conservación, mellora e fomento das razas puras de gando

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARIÑO

Subvencións


Resolución de 13 de xaneiro de 2010, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Auga, pola que se convocan, para o exercicio 2009-2010, as subvencións destinadas ás organizacións e asociacións de criadores para a conservación, mellora e fomento das razas puras de gando de produción reguladas na Orde APA/3181/2007, de 30 de outubro.

Ir ao arquivo en PDF


Convocatoria de axudas para o ano 2010, ás Asociacións/Federacións de Exportadores recoñecidas como entidades colaboradoras

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

Axudas

Resolución de 26 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral de Comercio Exterior, pola que se aprueba a convocatoria de concesión de axudas para o ano 2010, ás Asociacións/Federacións españolas de Exportadores recoñecidas como entidades colaboradoras da Secretaría de Estado de Comercio.

Ir ao arquivo en PDF

Real Decreto 66/2010, de 29 de xaneiro, sobre a aplicación no ano 2010 e 2011 dos pagos directos á agricultura e á gandeiría

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARIÑO

Axudas

Real Decreto 66/2010, de 29 de xaneiro, sobre a aplicación no ano 2010 e 2011 dos pagos directos á agricultura e á gandeiría.

Ir ao arquivo en PDF


lunes, 25 de enero de 2010

Axudas para o financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 19 de xaneiro de 2010 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica-Igape polo que se modifican as bases reguladoras das axudas para a habilitación de tres liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva (Programa Re-Imaxina).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 01500D004P014.PDF

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de xuño de 2010

Nova relacionada:

Axudas para o financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva

Obxecto: Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de tres liñas de financiamento subsidiado para facilitar o acceso ao financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores, e das pemes que melloren a súa competitividade:

Liña 1 - Microempresas: créditos para financiar investimentos nas microempresas galegas.
Liña 2 - PEME Xove: créditos para financiar investimentos en proxectos emprendedores galegos.
Liña 3 - PEME Competitiva: créditos para financiar investimentos que permitan mellorar a competitividade das pemes galegas.

Beneficiarios das liñas de crédito:

Liña 1 - Microempresas: empresas con domicilio fiscal en Galicia, que teñan a consideración de microempresas e que teñan algún centro de traballo na nosa Comunidade.
Liña 2 - PEME Xove: PEMES que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia, sexa en forma de persoa física ou calquera forma de persoa xurídica de obxecto empresarial.
Liña 3 - PEME Competitiva: PEMES que veñan exercendo en Galicia por un período superior a dous anos algunha das actividades recollidas no anexo II destas bases

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Actividades obxecto de financiamento:

Para as operacións das liñas 1 e 2, establecidas no artigo anterior poderán ser obxecto de financiamento ao abeiro destas bases todas as actividades económicas, agás:

  1. As actividades relacionadas coa exportación, a creación de redes de distribución e investimentos vinculados á actividade de exportación.
  2. As actividades do sector do carbón.

Para as operacións da liña 3 establecidas no artigo anterior, a beneficiaria deberá desenvolver algunha das actividades recollidas no anexo II a estas bases.

viernes, 22 de enero de 2010

Bases reguladoras da concesión de subvencións para a execución de proxectos de axuda humanitaria e se procede a súa convocatoria

FUNDACIÓN AXENCIA HUMANITARIA DE GALICIA

Resolución do 21 de xaneiro de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións para a execución de proxectos de axuda humanitaria e se procede a súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 01400D055P044.PDF

O obxecto destas bases é a regulación de concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais, entidades sen fins de lucro, comunidades galegas no exterior, para a execución de proxectos de axuda humanitaria no exterior, priorizando proxectos de reconstrución en Haití

Subvencións a empresas e institucións sen fins de lucro, editoras de revistas de cultura, escritas en castelán e outras linguas cooficiais

MINISTERIO DE CULTURA

Subvencións

Orde CUL/3699/2009, de 22 de decembro, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas e institucións sen fins de lucro, editoras de revistas de cultura, escritas en castelán e outras linguas cooficiais distintas do castelán, correspondentes ao ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF

Subvencións para o fomento da tradución e edición en linguas estranxeiras de obras literarias ou científicas

MINISTERIO DE CULTURA

Subvencións


Orde CUL/3700/2009, de 29 de decembro, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da tradución e edición en linguas estranxeiras de obras literarias ou científicas escritas e publicadas en español e outras lingus cooficiais distintas do castelán, correspondentes ao ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF

jueves, 21 de enero de 2010

A Consellería de Traballo comprométese a apoiar ás persoas con discapacidade intelectual para que desenvolvan o Camiño de Santiago


A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe o esforzo que fan os colectivos de Galicia que loitan en prol da inclusión social das persoas con discapacidade durante a entrega de premios do XIV Certame Autonómico de Tarxetas de Nadal da asociación Special Olympics Galicia.

No acto que presidiu Mato no salón de actos de San Caetano entregáronse un total de 21 premios. Ao certame presentáronse un total de 1.000 tarxetas que foron enviadas por 36 entidades diferentes.

A titular do departamento autonómico anunciou no evento que o Goberno galego apoiará ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual para que poidan desenvolver o camiño de Santiago durante o Xacobeo.

Mato resaltou, así mesmo, que estes colectivos están a desenvolver “un labor digno de eloxio”, facendo especial fincapé nas actividades sociais, de ocio e deporte que realiza Special Olympics.

“Este tipo de accións son de gran importancia para o colectivo das persoas discapacitadas, xa que o ocio está intimamente ligado ao benestar e a participación social ten un resultado terapéutico destacable”, apuntou.

Neste sentido, sinalou que co desenvolvemento de actividades culturais, turísticas e deportivas as persoas con discapacidade gañan en autoestima, habilidades sociais e físicas, exercitan a súa personalidade e poñen en práctica os seus dereitos, valores e liberdades.

A conselleira lembrou que o Goberno galego elabora un Plan de Acción Integral para as Persoas con Discapacidade de Galicia que será presentado nos vindeiros meses.

Ao respecto, definiu este proxecto como unha ferramenta “eficaz e operativa ao servizo da coordinación de todas as políticas e servizos da Administración” dirixidas a este colectivo.

Esta iniciativa defende a transversalidade das políticas en materia de discapacidade; o tratamento integral dos campos prioritarios como a educación, formación, atención sanitaria e emprego –entre outros-; e a aposta pola transversalidade da perspectiva de xénero.

Na elaboración deste documento, o Goberno galego está a ter en conta as achegas de todas as entidades e asociacións.

Por último, Mato apuntou que a Consellería que dirixe tamén traballa na redacción do Plan Especial de Emprego para Persoas con Discapacidade ou en risco de exclusión, que formará parte do Plan Autonómico de Emprego 2010-2013.

Subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 31 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 01300D005P023.PDF


Decreto polo que se regula a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 01300D001P006.PDF


Real Decreto polo que se complementa o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais

MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Formación profesional


Real Decreto 1956/2009, de 18 de decembro, polo que se complementa o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, mediante o establecemento de oito cualificacións profesionais da Familia Profesional Industrias Extractivas.

Ir ao arquivo en PDF


sábado, 16 de enero de 2010

Axudas de acción e promoción cultural correspondentes ao ano 2010

MINISTERIO DE CULTURA

Axudas


Orde CUL/3674/2009, de 23 de decembro, pola que se convocan as axudas de acción e promoción cultural correspondentes ao ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF

Axudas ás Corporacións Locais para a execución de infraestructuras deportivas e dotación de equipamentos deportivos

MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Axudas


Resolución de 7 de xaneiro de 2010, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se convocan axudas ás Corporacións Locais para a execución de infraestructuras deportivas e dotación de equipamentos deportivos, con motivo da celebración de competicións deportivas de carácter internacional.

Ir ao arquivo en PDF

Axudas para a realización das diversas modalidades que conforman o Programa de Cooperación Interuniversitaria e Investigación Científica

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN

Axudas


Resolución de 21 de decembro de 2009, da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenrolo, pola que se conceden as axudas para a realización das diversas modalidades que conforman o Programa de Cooperación Interuniversitaria e Investigación Científica.

Ir ao arquivo en PDF


viernes, 15 de enero de 2010

Axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no marco do programa de acción comunitario "A Xuventude en acción"

MINISTERIO DE IGUALDADE

Axudas


Resolución de 14 de xaneiro de 2010, do Instituto da Xuventude, pola que se convoca a concesión de axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no marco do programa de acción comunitario "A Xuventude en acción".

Ir ao arquivo en PDF

Accións

Importe

Euros

Acción 1.1 (Intercambios Xuvenís)

1.840.029

Acción 1.2 (Iniciativas Xuvenís)

662.550

Acción 1.3 (Proxectos de democracia participativa)

388.194

Acción 2.1 (Servicio Voluntario Europeo)

2.057.210

Acción 3.1 (Cooperación con Países Veciños)

412.182

Acción 4.3 (Formación e Proxectos en Rede)

333.592

Acción 5.1 (Encontros de mozos e responsables políticas de xuventude)

231.394


miércoles, 13 de enero de 2010

Premios Nacionais 28 de abril á Prevención de Riscos Laborais

FUNDACIÓN PARA LA PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES.

Premios Nacionais 28 de abril á Prevención de Riscos Laborais.

Ir ao arquivo en PDF


  • A Fundación para a Prevención de Riscos Laborais convoca os Premios Nacionais 28 de abril á Prevención de Riscos Laborais nas súas modalidades:

Premio á "Traxectoria profesional".

Premio á "Actuación empresarial máis destacada en prevención de riscos laborais" para:

  • Modalidade a) Empresas de ata 50 traballadores.
  • Modalidade b) Empresas de máis de 50 traballadores.

Premio á "Labor informativa e divulgativa" da Prevención de Riscos Laborais.

  • O prazo de presentación de candidaturas será de tres meses a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
  • As bases reguladoras destes premios, así como a documentación necesaria para poder optar aos mesmos, poden ser consultadas na páxina web da Fundación: www.funprl.es

Axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no marco do programa de acción comunitario "A xuventude en acción"

MINISTERIO DE IGUALDADE

Axudas

Orde IGD/3645/2009, de 29 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no marco do programa de acción comunitario "A xuventude en acción", do Instituto da Xuventude.

Ir ao arquivo en PDF

martes, 12 de enero de 2010

Repartición de axudas do Fondo de Acción Social de 2009

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Resolución do 4 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Central Sindical Independente de Funcionarios (CSI-CSIF), representadas na mesa xeral de Negociación de Empregados Públicos, así como na Comisión de Repartición das axudas de Acción Social do ano 2009, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 26 de novembro de 2009, sobre criterios de repartición do fondo de acción social da Xunta de Galicia para o exercicio do ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00600D006P020.PDF

  • O prazo de presentacion de solicitudes será dende o 13 de xaneiro de 2010 ata o 26 de febreiro de 2010,
  • O prazo de devolución por parte das unidades de persoal sera ata o 18 de marzo, e
  • O prazo de entrega no rexistro remata o 30 de abril de 2010.


Bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 5 de xaneiro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras adheridas.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00600D007P028.PDF


Créase o Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega

CONSELLERÍA DE FACENDA

Decreto 446/2009, do 17 de decembro, polo que se modifica o Decreto 143/2008, do 3 de xullo, polo que se crea o Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00600D001P006.PDF


Convocatoria de axudas destinadas a potenciar a creación, funcionamiento e desarrollo das estruturas dos produtos agroalimentarios protexidos

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARIÑO

Axudas


Resolución de 9 de decembro de 2009, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Agua, pola que se publica, para o exercizo 2010, a convocatoria de axudas destinadas a potenciar a creación, funcionamiento e desarrollo das estruturas dos produtos agroalimentarios protexidos con signos de calidade diferenciada.

Ir ao arquivo en PDF

Convocatoria de axudas destinadas á constitución e consolidación de entidades certificadoras de productos agrarios e alimenticios

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARIÑO

Axudas


Resolución de 9 de decembro de 2009, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Agua, pola que se publica, para o exercizo 2010, a convocatoria de axudas destinadas á constitución e consolidación de entidades certificadoras de productos agrarios e alimenticios.

Ir ao arquivo en PDF


lunes, 11 de enero de 2010

Convocatoria das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Resolución do 29 de decembro de 2009 pola que se fai pública a resolución da convocatoria das axudas reguladas na Orde do 22 de xullo de 2009 pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril do 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00500D009P057.PDF

Relacionada:

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 18 de abril de 2008 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas destinadas ao fomento en Galicia de sistemas de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, e se convocan para 2008.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 07900D008P039.PDF


Bases para a concesión de subvencións aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza nos vehículos

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 10 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza nos seus vehículos.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00500D003P027.PDF


domingo, 10 de enero de 2010

Liña ICO 2010

Xa están dispoñibles as liñas ICO para o ano 2010. Poden atopar máis información ao respecto aquí.
Entre outras, poden ser do seu interese as sequintes:



Obxecto: Financiar en condicións preferentes as inversións realizadas por autónomos e empresas.

Vixencia: ata o 20 de decembro de 2010 ou antes si se produce o esgotamento dos fondos.

Cliente: Autónomos, Pemes e resto de empresas que leven a cabo inversións en territorio nacional.

Importe máximo por Cliente:

  • Autónomos, Microempresas e Pequenas Empresas: ata 2 millóns de euros, nunha ou varias operacións.
  • Medianas Empresas e Resto de Empresas: ata 10 millóns de euros nunha ou varias operacións.

Financiamento máximo: ata o 100 % do proxecto de inversión.


Obxecto: apoiar con créditos preferentes a creación de novas empresas ou de novas actividades profesionais.

Vixencia: ata o 20 de decembro de 2010 ou antes si se produce o esgotamento dos fondos.

Clientes:

  • Microempresas, que fosen constituidas a partir do 1 de xaneiro de 2009
  • Autónomos profesionais que, cumprindo os requisitos de Microempresa, inician unha nova actividade, entendendo por tales aqueles dados de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE) a partir do 1 de xaneiro de 2009.

Considerarase microempresa aquela que cumpra os seguintes requisitos:

  • empregar de 1 a 9 traballadores a 31 de decembro de 2009,
  • facturación e/ou balance xeral a 31 de decembro de 2009 non superior a 2 millóns de euros

Importe máximo por Cliente/Liña: ata 300.000 euros, nunha ou varias operacións.

Financiamento máximo: O 100 por 100 do proxecto de inversión.



Obxecto: atender as necesidades de financimento de capital circulante de empresas, que sexan solventes e viables.

Vixencia: ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles, si ese fose anterior á data indicada.

Clientes: autónomos e empresas, con independencia do seu tamaño, que se atopen ao corrente de pago coa Entidade de Crédito concedente.

Prazo de amortización e liquidación de intereses: 1, 3 e 5 anos, incluido 1 ano de carencia de principal

En tódalas modalidades, a periodicidade de liquidación de intereses será acordada entre a Entidade de Crédito e o cliente, así como a periodicidade de amortización para os prazos de 3 e 5 anos.

Importe máximo de financiamento por cliente:

  • Autónomos e empresas con menos de 50 traballadores: ata 2 millóns de euros.
  • Empresas con 50 ou máis traballadores: ata 50 millóns de euros.



Obxecto: facilitar o aprazamento temporal e parcial na obrigación de pago do 50% das cotas hipotecarias dos anos 2009 e 2010 por parte de determinados colectivos

Vixencia: dende o 1 de marzo de 2009 ata o 28 de febreiro de 2011 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles, si ese fose anterior á data de finalización indicada.



Obxecto: potenciar e dinamizar as inversións en tecnoloxía da información e das comunicacións

Vixencia: ata o 31 de decembro de 2010 ou ata o esgotamento dos fondos no seu caso.

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios desta Liña os seguintes colectivos:

Para o “Préstamo TIC”: as pequenas e medianas empresas que non dispoñan de conexión a Internet con banda ancha e realicen inversión en equipamiento para a súa conexión a Internet en banda ancha, así como aquelas que dispondo desta conexión realicen inversións en software e hardware destinadas a mellorar os seus procesos empresariais ou a implantar o negocio e a factura electrónica.

Para o “Préstamo Mozos e Universitarios”: os residentes en territorio español de idades comprendidas entre 18 e 35 anos e os estudantes matriculados en centros españois de estudos universitarios que dispoñan de conexión a Internet en banda ancha ou que contraten unha alta nova nese servizo.

Neste produto o solicitante poderá ser o propio beneficiario ou calquera persoa física que declare que o préstamo o solicita para un mozo entre 18 e 35 anos ou para un estudante universitario. En todo caso, o beneficiario final deberá firmar a solicitude.

Para o “Préstamo Cidadanía dixital”: os residentes en territorio español que dispoñan de conexión a Internet en banda ancha ou que contraten un alta nova nese servizo

Inversión máxima e importe máximo de financiamento:

Para “Préstamo TIC”: financiarase ata o 100 por 100 da inversión, excluído o IVE, cun máximo de 200.000 euros por beneficiario final e ano natural.

Para “Préstamo Mozos e Universitarios” e “Préstamo Cidadanía Dixital”: financiarase ata o 100% da inversión, incluído o IVE, cun máximo de 3.000 euros por beneficiario final e ano natural.

Modalidade de financimento:

Para o “Préstamo TIC”: o financiamento materializarase en operacións de préstamo ou leasing.

Para o “Préstamo Mozos e Universitarios” ou “Préstamo Cidadanía Dixital”: o financiamento materializarase en operacións de préstamo.

Prazos de amortización:

Para “Préstamos TIC” e “Cidadanía Dixital”: 36 meses, con posibilidade de 3 meses de carencia incluídos, e liquidacións liniais e mensuais.

Para “Préstamo Mozos e Universitarios”: 60 meses sen carencia de principal e liquidacións liniais e mensuais.

Tipos de interese: tipo de interese fixo do 0 por 100.

viernes, 8 de enero de 2010

Convocatoria das subvencións, para o exercicio 2010 ao abeiro do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, que regula o Programa de vivenda en aluguer

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Resolución do 22 de decembro de 2009 pola que se convocan as subvencións que se poderán outorgar no exercicio 2010 ao abeiro do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, que regula o Programa de vivenda en aluguer.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00400D005P040.PDF

O importe das subvencións que se concedan en cada mes, e non se poderán superar os seguintes importes:



Relacionada:

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO


Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o Programa de vivenda en aluguer.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 05700D002P010.PDF



Bases e convocatoria para o ano 2010 as axudas á recuperación do potencial forestal


CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 29 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas á recuperación do potencial forestal.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00400D004P022.PDF

Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas expostas nesta orde, os propietarios privados, comunidades de montes e concellos con montes, así como as asociacións de propietarios e de comunidades de montes e mancomunidades de concellos, que sexan propietarios de terreos situados nos concellos relacionados no anexo I, e posúan masas danadas polo temporal Klaus e para as que se solicitara subvención para a saca e corta da madeira afectada ou se notificara o dano á Xunta de Galicia, por calquera medio que deixe constancia administrativa. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro


Convócanse probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cursos dos certificados de profesionalidade

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Resolución do 17 de decembro de 2009, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cursos dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00400D002P005.PDF


Regulación da concesión directa de subvencións para a adquisición de vehículos, Plan 2000 E de apoio á renovación do parque de vehículos no ano 2010

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

Subvencións


Real Decreto 2031/2009, de 30 de decembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións para a adquisición de vehículos, Plan 2000 E de apoio á renovación do parque de vehículos durante o ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF


jueves, 7 de enero de 2010

Bases e convocatoria que regula a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 29 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción, e se convocan no ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00300D005P022.PDF


Axudas ás sociedades de garantía recíproca que operen no sector do transporte por carretera

MINISTERIO DE FOMENTO

Axudas


Orden FOM/3615/2009, de 28 de decembro, pola que se convoca para o ano 2010 o outorgamiento de axudas ás sociedades de garantía recíproca que operen no sector do transporte por carretera.

Ir ao arquivo en PDF


Bases reguladoras para a concesión de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Orde do 29 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00300D001P006.PDF


Convócanse axudas para a formación en relación co transporte por carretera

MINISTERIO DE FOMENTO

Axudas


Orde FOM/3616/2009, de 28 de decembro, pola que se convocan axudas para a formación en relación co transporte por carretera.

Ir ao arquivo en PDF

miércoles, 6 de enero de 2010

Guía de Dereitos para as persoas con Discapacidade

GUÍA DE DEREITOS PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Traballo destina 6,3 millóns de euros a ampliar a rede de axentes de emprego e desenvolvemento local



Santiago, 6 de xaneiro de 2010.- Os concellos galegos veñen de recibir da Consellería de Traballo e Benestar en torno a 6,3 millóns de euros para financiar a contratación de 288 Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) nas distintas comarcas da xeografía galega.

Os axentes de emprego constitúen un instrumento para promover a implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no contorno local e rural, configurándose deste xeito como verdadeiros impulsores do desenvolvemento local nos seus territorios, especialmente nas zonas rurais.

Con esta iniciativa, que se inscribe na vontade da Xunta de Galicia de propiciar a colaboración permanente cos concellos, universidades e entidades sen ánimo de lucro no fomento das políticas activas de emprego, a Consellería de Traballo e Benestar da un paso máis no impulso da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia que conta xa con preto de 600 técnicos.

A misión destes profesionais é a de dinamizar o desenvolvemento económico e o emprego nos seus territorios promovendo a creación e consolidación de iniciativas emprendedoras, potenciando o autoemprego e as empresas de economía social, así como inserción laboral dos desempregados da nosa Comunidade Autónoma.

Este técnicos configúranse como o punto de referencia en materia de emprego para todas as persoas que habitan no territorio onde eles actúan. Como coñecedores das necesidades e potencialidades da zona concreta na que traballan, teñen entre as súas tarefas a estimulación da actividade empresarial, animando aos emprendedores e asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira dos proxectos empresariais.

A Rede de Técnicos de Emprego de Galicia, como infraestructura especializada na promoción do emprego, adquire precisamente o seu maior potencial, grazas á súa distribución por todo o territorio da Comunidade Autónoma. Sen embargo, esta vantaxe estratéxica precisa de canles de comunicación axeitadas que confiran fluidez ao intercambio de experiencias e de información interna, para convertir en sinerxias colectivas o traballo individual realizado por cada técnico.

Nesta liña, a Consellería de Traballo e Benestar co obxecto de mellorar as vías de comunicación entre e cos membros da Rede, e, contando, coa colaboración do IGAPE e o BIC-Galicia, vén de poñer en marcha unha plataforma informática dirixida á toda a Rede, que sirva como ferramenta de traballo e vehículo de comunicación de experiencias e boas prácticas de busca de novos xacementos de emprego e de reactivación das economías locais.

martes, 5 de enero de 2010

Tipo de xuro para o primeiro semestre de 2010 para as operacións acollidas a diferentes convenios e programas de axuda do IGAPE

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 22 de decembro de 2009 pola que se publica o tipo de xuro para o primeiro semestre de 2010 para as operacións acollidas a diferentes convenios e programas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00200D008P064.PDF

Será do 0,993% en tódolos supostos agás no primeiro desta relación:

· Préstamos dos convenios de apoio financeiro ás pemes 1997 e 1998: 0,97%.

· Préstamos dos convenios de apoio financeiro ás pemes 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006: 0,993%.

· Préstamos do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia (DOG número 133, do 10 de xullo de 2001): 0,993%.

· Programa de apoio financeiro aos establecementos turísticos, hostalaría e comercio retallista nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (DOG número 194, do 5 de outubro de 2007): 0,993%.

· Programa de préstamos para financiar producións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 87, do 7 de maio de 2002): 0,993%.

· Programa de préstamos para financiar proxectos emprendedores na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 63, do 31 de marzo de 2003): 0,993%.

· Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG número 222, do 15 de novembro de 2004): 0,993%.

· Programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 84, do 3 de maio de 2005): 0,993%.

· Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de armadores e agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG número 195, do 9 de outubro de 2006): 0,993%.

· Convenio entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para emprendedores (DOG número 195, do 9 de outubro de 2006): 0,993%.

· Convenio entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para proxectos de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 195, do 9 de outubro de 2006): 0,993%.

· Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG número 101, do 28 de maio de 2007): 0,993%.

· Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para producións audiovisuais e investimentos en bens de equipo que serán realizadas por pemes do sector audiovisual galego, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG número 216, do 8 de novembro de 2007): 0,993%.

· Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG número 244, do 19 de decembro de 2007): 0,993%.



Bases e convocatoria para o ano 2010 das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 28 de decembro de 2009 pola que establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00200D006P031.PDF


Bases reguladoras das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando, e se convocan para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00200D004P018.PDF


viernes, 1 de enero de 2010

Axudas á inversión en capital para promover a modernización, innovación e adaptación tecnolóxica das industrias culturais correspondentes ao ano 2010

MINISTERIO DE CULTURA

Axudas


Orde CUL/3561/2009, de 15 de decembro, pola que se convocan as axudas á inversión en capital para promover a modernización, innovación e adaptación tecnolóxica das industrias culturais correspondentes ao ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF

Criterios para subvencionar os gastos no marco dos Programas de Desenvolvemento Rural cofinanciados polo FEADER

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARINO

Subvenciones
Real Decreto 1852/2009, de 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos Programas de Desenvolvemento Rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Ir ao arquivo en
PDF

Tipo legal de interés de demora aplicable ás operacións comerciais durante o primeiro semestre natural do ano 2010

MINISTERIO DE ECONOMÍA E FACENDA

Interese de demora


Resolución de 29 de decembro de 2009, da Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira, pola que se fai público o tipo legal de interés de demora aplicable ás operacións comerciais durante o primeiro semestre natural do ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF

Para o primeiro trimestre, o tipo de interese de demora comercial quedou fixado no 8%. Non se debe confundir este tipo de interese co tipo de interese legal do diñeiro aplicado para os supostos do Artigo 1.169 do Código Civil nin co tipo de interese de demora fixado polas obligacións tributarias, fixados ambos no 4% e o 5% respectivamente, na Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado.

Publicidade