A norma reguladora foi publicada no Diario Oficial de Galicia do día 15 de xaneiro de 2008CONSELLERÍA DE TRABALLO
Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 01000D010P047.PDF
A Norma reguladora definenos as UPD, na súa exposición de motivos e no seu artigo 21, do seguinte xeito:Enténdese por unidades de promoción e desenvolvemento os módulos de intervención en ámbitos territoriais de carácter supramunicipal que, promovidos por entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro con tal carácter, teñen por obxectivo final descubrir as potencialidades de desenvolvemento e emprego na súa área de actuación, investigando as oportunidades de creación de emprego, mediante unha axeitada avaliación dos recursos dispoñibles, facilitando información sobre emprego e desenvolvemento, ademais de apoiar e dinamizar proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e de obradoiros de emprego e da posta en práctica de estratexias e metodoloxías dirixidas á inserción laboral das persoas participantes nos ditos programas de fomento do emprego. Constitúen un instrumento básico e fundamental na dinamización e detección de novas expectativas de emprego e de iniciativas emprendedoras no ámbito local, especialmente as relacionadas cos novos filóns de emprego.
Sobre as funcións que lle corresponden, dicir que se axustarán aos plans concretos de actuación do ámbito territorial de cada unidade de promoción e desenvolvemento. Amais:
1. As unidades de promoción e desenvolvemento, seguindo as directrices, orientacións e prioridades fixadas pola Consellería de Traballo, realizarán as seguintes funcións:
a) Investigar as oportunidades de desenvolvemento e emprego, por medio dunha axeitada prospección e avaliación dos recursos dispoñibles e do uso de métodos e sistemas que permitan a planificación, coordinación e posta en práctica de accións e estratexias de políticas activas de emprego, fundamentalmente vinculadas aos novos viveiros de emprego.
b) Facilitar información sobre emprego e desenvolvemento, a través da súa organización, sistematización e divulgación aos axentes de emprego e desenvolvemento local, ás escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego e ás entidades interesadas no desenvolvemento local e na creación de emprego.
c) Apoiar, dinamizar e avaliar proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.
d) Desenvolver estratexias e metodoloxías de apoio dirixidas á inserción laboral por conta allea, á creación de iniciativas empresariais e ao autoemprego das persoas desempregadas e, especialmente, das persoas participantes en escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego, así como noutros programas de cooperación.
e) Coordinar, se é o caso e, sen prexuízo do establecido no punto seguinte, as actuacións dos/as axentes de emprego e desenvolvemento local que desenvolvan o seu labor no seu ámbito de actuación cando a entidade a que se subvenciona a súa contratación estea integrada na entidade promotora da unidade de promoción e desenvolvemento.
2. As unidades de promoción e desenvolvemento colaborarán na implantación das políticas activas de emprego no seu territorio de actuación, en coordinación cos/coas axentes de emprego e desenvolvemento local.