- A organización Aspanas promove unha unidade de promoción e desenvolvemento na que traballarán 18 profesionais de distintas áreas
- O proxecto incluirá estudos pormenorizados sobre a inserción laboral de discapacitados, e a posterior busca de nichos de mercado, así como asesoramento a entidades promotoras de plans dirixidos a este colectivo
Santiago, 18 de marzo de 2008.- A Consellería de Traballo vén de conceder unha subvención de máis de 1,2 millóns de euros á Asociación de pais a favor das persoas con retraso mental de Ourense (Aspanas), para a posta en funcionamento da unidade de promoción e desenvolvemento (UPD) denominada Inserción e integración na provincia de Ourense-Integrou, que estará en funcionamento durante un período de dous anos, ata decembro de 2009.
A asociación Aspanas, promotora deste proxecto, conta cunha longa traxectoria, xa que foi constituída no ano 1966 coa misión de atender e mellorar a calidade de vida das persoas con retraso mental e as súas familias dentro do ámbito da Comunidade Autónoma galega.
Entre os seus fins figuran a defensa da dignidade e dos dereitos das persoas con retraso mental; o apoio ás familias para conseguir mellorar as condicións de vida destas persoas; a promoción da integración escolar, laboral e social das persoas con retraso mental; a creación das condicións para que os servizos que presta a asociación poidan cumprir adecuadamente a súa misión; e a promoción de actitudes sociais positivas cara as persoas con retraso mental. Asemade, inclúe entre as súas misións a orientación, coordinación e impulso do movemento asociativo integrado na asociación con criterios de solidariedade; e a recompilación e difusión de información xeral e especializada sobre os problemas do retraso mental, entre outros.
Obxectivos da UPD
A UPD Integrou ten a pretensión principal de incidir tanto na inserción laboral como na creación de servizos, en beneficio de colectivos como o de persoas con discapacidade intelectual, persoas con discapacidade en xeral, familias de persoas con discapacidade e persoas dependentes. Non obstante, terá tamén como obxectivo a inserción laboral de alumnos e alumnas das escolas obradoiro, obradoiros de emprego e casas de oficios; de mulleres desempregadas; de mozos e mozas en busca de primeiro emprego; de persoas con baixa cualificación profesional; de habitantes de zonas rurais; de desempregados e desempregadas en xeral así como de traballadores en busca de mellora de emprego.
A través do desenvolvemento deste proxecto levaranse a cabo, entre outras, as seguintes funcións: recompilación e estudo dos traballos de ámbito provincial referidos á inserción laboral de persoas con discapacidade; realización dun estudo no que se reflictan as características do colectivo de discapacitados; identificación de posibles nichos de mercado existentes; análise e estudo da situación sociolaboral, a evolución demográfica e sectorial da provincia; análise da oferta turística e de ocio apropiada para os distintos tipos de discapacitados; a difusión entre as persoas con discapacidade dunha guía con toda a información útil sobre o mercado de traballo; a difusión entre as empresas de formación e información sobre a adaptabilidade nos postos de traballo de cara a unha maior integración dos discapacitados; axuda, asesoramento e asistencia técnica ás entidades promotoras no deseño e execución de proxectos de escolas obradoiro, obradoiros de emprego e casas de oficios; apoio ao autoemprego e ao cooperativismo entre os alumnos e alumnas das escolas obradoiro e obradoiros de emprego, etc
Para levar a cabo estas funcións, a UPD Integrou contará cun cadro de persoal formado por 18 traballadores entre persoal directivo, técnico e de apoio, estruturados en 5 departamentos: departamento de proxectos e dinamización; departamento de asesoramento e asistencia técnica; departamento de formación-información; departamento de comunicación e difusión e, finalmente, un departamento de administración.
Desenvolvemento en catro fases

Polo que se refire ao desenvolvemento do proxecto, cómpre dicir que se levará a cabo en catro fases, cada unha de seis meses de duración. Nunha primeira fase, ademais da contratación do persoal, procederase a deseñar as accións formativas, a imaxe corporativa e diversas ferramentas como poden ser a web ou as guías. Na segunda fase, impartirase a formación, que se avaliará de xeito continuo, e poñeranse a disposición dos usuarios as ferramentas deseñadas con anterioridade. Así mesmo, iniciarase o deseño dos proxectos de inserción, cooperativos e empresariais.
Na terceira fase, que abranguerá o terceiro semestre, ademais de impartirse formación, poñeranse en marcha os proxectos, e levaranse a cabo accións de busca activa de emprego conseguindo para isto axudas para a súa implantación. Por último, na cuarta fase farase a avaliación final da formación, a actualización de ferramentas, a avaliación do proxecto de inserción e a análise de resultados, entre outras tarefas.
En definitiva, con este proxecto, Aspanas pretende contribuír a proporcionar emprego ás persoas con discapacidade intelectual e, en xeral, á xeración de emprego para os mozos e mozas da provincia. Para iso traballa tendo en conta a importancia que neste senso ten o apoio aos programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego e a activación de novos proxectos adecuados á poboación desempregada. Neste ámbito céntrase especialmente naqueles colectivos en risco de exclusión ou con maiores dificultades para insertarse laboralmente, atendendo tamén ás expectativas empresariais e de autoemprego relativas a sectores en alza e novos xacementos de emprego.